Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/11/2018

A Xunta participa en Bruxelas na asemblea da Vanguard Initiative, que promove a cooperación rexional para impulsar a innovación

Asemblea da Vanguard Initiative.jpg
  • A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, asiste á reunión desta rede na que participan unha trintena de rexións europeas
  • O obxectivo desta alianza é impulsar o crecemento económico e social a través da innovación empresarial e industrial en ámbitos económico-tecnolóxicos prioritarios
Bruxelas, 21 de novembro de 2018. A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Bruxelas na asemblea política anual da Vanguard Initiative for New Growth through Smart Specialisation (Iniciativa vangardista para o novo crecemento a través da Especialización Intelixente), unha rede de trinta rexións europeas creada para impulsar o crecemento económico e social a través da innovación empresarial e industrial en ámbitos económico-tecnolóxicos prioritarios para Europa, na que Gain participa dende 2015.

Na sesión desta tarde aprobouse a adhesión dun novo membro, a rexión sueca de Gävlebor; presentouse a memoria anual da iniciativa; aprobouse o orzamento para 2019; e renováronse cargos da xunta directiva. Ademais, informouse aos membros sobre as accións de lobby que a iniciativa realizou durante este ano ante a Comisión Europea de cara ao próximo Marco Financeiro Plurianual, así como sobre os instrumentos e ferramentas de financiamento rexional que poden desempeñar un papel activo no apoio aos investimentos e actividades de innovación interrexional.

Así mesmo, celebrouse unha sesión aberta na que se debateu sobre o apoio ao crecemento e a innovación nas rexións a través do desenvolvemento de colaboracións intelixentes, coa participación de dous directores xerais da Comisión Europea.

Partindo das Estratexias de Especialización Intelixente (RIS) das distintas rexións, a Vanguard Initiative promove a cooperación interrexional para apoiar os ecosistemas rexionais de innovación e construír así sinerxías entre eles para impulsar o traballo internacional en rede. Con este obxectivo, desenvolve actividades de aliñamento das follas de ruta das RIS coas políticas europeas, de aliñamento dos investimentos estratéxicos co fin de abrir novas vías industriais a través de proxectos emblemáticos de innovación en áreas prioritarias para as RIS respectivas e de colaboración de axentes a nivel nacional e internacional en materia de I+D e industrialización.

O traballo da Vanguard Initiative articúlase arredor de cinco áreas temáticas: fabricación Intelixente e Sostible; produción avanzada a través da Impresión 3D; bioeconomía; novos produtos de base nanotecnolóxica; e enerxías renovables mariñas, nas que se están desenvolvendo proxectos piloto. Por parte de Galicia, a Alianza Estratéxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), que agrupa a seis centros tecnolóxicos galegos, participou en varios foros relacionados con estas accións.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante