Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2018

Convocatoria de propostas 2018 - Economía azul

4430F_1540548363_Imagen_econom__a_azul.jpg
O orzamento total será de 18, 7 millóns de euros.
Os seus principais retos serán a innovación,a formación e a financiación.
Tendrá como obxectivo a adaptación ás necesidades do medioambiente e a economía marítima.

Santiago De Compostela, 26 de Outubro de 2018.
Como factores fundamentais para o desenvolvemento económico, os océanos, os mares e as costas son o elemento primordial da economía circular.
 Deste xeito, cun orzamento total de 18, 7 millóns de euros,  o pasado 16 de Outubro foi publicada no portal Oficial da Comisión Europea, unha nova convocatoria destinada a entender mellor, no cadro da economía azul ou circular,o desenvolvemento e a implementación da política Marítima da UE e o seu desenvolvemento sostible no seo do programa Horizonte 2020.  Os obxectivos da mesma son:

Fomentar a innovación e financiación no sector marítimo (Blue Labs);
Adaptar a formación ás novas necesidades do mercado laboral na economía (Blue careers)
Apoio ás tecnoloxías da innovación e servizos marítimos para contribuir a unha mellora no financiamento (grants in the blue economy).
Pola súa banda, os informes máis recientes destacan as diferenzas existentes en relación á evolución da financiación das distintas fases dos proxectos, e por iso tratarase  de apoiar proxectos en base á súa adaptación e innovación tecnolóxica .

En canto aos obxectivos da convocatoria, sería preciso destacar os seguintes:

1. Axudar ás tecnoloxías da información e ós servicios marítimos a mellorar a súa adecuación e entrada no mercado, permitindo as PYMES beneficiarse de novas ideas e buscar resultados en bens e servizos de mercado .
2. Facilitar a ampliación dos modelos de negocio e conceptos de servizo.
3. Restar risco ao desprazamento destos proxectos de demostración e porporcionar a credibilidade necesaria para estes proxectos posibilitando o acceso a outros financiamentos para o desenvolvemento das súas actividades. 

Con todo, dita convocatoria  terá como fin principal as especificidades da economía marítima e o medioambiente no ámbito estratéxico das iniciativas tanto rexionais como europeas, e estará aberta ata o 31 de Xaneiro de 2019.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante