Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/05/2018

Parlamentos e Rexións da man da ciencia: o Parlamento Europeo financia eventos para promover a cooperación científica e política

4297F_1527245890_banner-smr_smp.jpg
  • A iniciativa, en marcha dende 2015, pretende unir política e ciencia en busca de solución aos novos retos da sociedade.
  • Emprego e crecemento, desenvolvemento sostible ou enerxía e cambio climático son algunhas das áreas prioritarias. 
Bruxelas, 25 de maio de 2018. O Parlamento Europeo pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, a iniciativa “A ciencia reúnese cos Parlamentos/ A ciencia reúnese coas rexións” que ten por finalidade financiar eventos que reúnan a parlamentos e administracións con centros de investigación ou universidades coa finalidade de abordar un tema específico e buscar unha solución baseada en datos científicos, fomentando o entendemento mutuo. 

A convocatoria, grazas á unión de científicos e políticos, tamén pretende achegar a ciencia aos cidadáns, mediante a discusión de políticas localmente relevantes usando probas científicas, e aumentar a confianza das persoas na ciencia dando visibilidade ás suas contribucións na sociedade. 

Así, a Comisión prevé apoiar 28 eventos con ata 30.000 euros, ademais de prestar apoio á organización do acto. 

Criterios de elixibilidade
 
Os eventos que recibirían financiación poden ser de formato diverso, sendo aceptados talleres ou conferencias de un día ou campamentos de innovación de varias xornadas. Os requisitos que deben cumprir varían en función da duración dos eventos. As conferencias de un só día deben contar coa participación significativa de políticos locais, científicos de universidades ou institutos de investigación e público.

No caso dos campamentos de innovación, para poder ser financiados, deberán implicar a todos os actores da coñecida como “cuádrupla hélice”: sector público, academia e institutos de investigación, empresas e sociedade civil. 

En ambos casos o evento debe estar apoiado por actividades de comunicación, para asegurar que os cidadáns e as partes interesadas na temática do evento sexan informados e poidan participar.

Os eventos deberán ser iniciados e organizados polos parlamentos nacionais, rexionais ou locais dos Estados membros da UE ou autoridades administrativas. Os interesados son invitados a unir forzas e organizar eventos conxuntos, animando tamén á asociación con outros países e rexións europeas. 

Temáticas

En canto ás temáticas, se ben serán recibidas todo tipo de propostas, existe un interese especial en actividades que traten os seguintes retos:

Emprego e crecemento
Desenvolvemento sostible
Enerxía e cambio climático
Seguridade alimentaria e autenticidade
Migración e demografía

O obxectivo final desta convocatoria é garantir o desenvolvemento de políticas co mellor asesoramento científico posible, non só a nivel da UE, senón tamén a nivel nacional, rexional e local.

Os interesados en participar deberán cubrir un formulario en liña. O prazo remata o vindeiro 1 de xuño. 

Máis información aquí



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante