Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/04/2018

O Consello Europeo de Innovación apoiará a 257 pemes

SME instrument.jpg Bruxelas, 16 de abril de 2018. O programa Horizonte 2020 invirte case 13 millóns de euros en 257 pemes de 31 países para axudarlles a introducir, con maior rapidez, as súas innovacións no mercado. Estas empresas foron seleccionadas na última ronda do SME Instrument. Entre as pemes beneficiarias están dúas empresas galegas: Qubiotech Health Intelligence, S.L.e ELA, Ingeniería y Medio ambiente S.L. Estas empresas recibirán proximamente o servizo da Enterprise Europe Network ofrecido por a Axencia Galega de Innovación (GAIN) aos beneficiarios de SME Instrument

Nesta fase do SME Instrument (a denominada Fase 1), cada proxecto recibirá 50.000 euros para redactar un plan de negocio. En total son 253 os proxectos que se beneficiarán, xa que varias empresas poden unirse para propoñer un proxecto conxunto. As empresas tamén terán tres días de servizos gratuítos de coaching e aceleración comercial.

A maioría das empresas seleccionadas financiarán traballos no campo da saúde, a enxeñería e as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). España, con 45 proxectos aprobados lidera a lista de beneficiarios, seguido de Italia (28) e Israel (23).

Sobre o SME Instrument

As empresas poden solicitar dúas fases distintas baixo o SME Instrument, dependendo da madurez da súa innovación. Na fase 1 do do programa cada proxecto recibirá un importe global de 50.000 euros para levar a cabo un estudo de viabilidade.

 Na fase 2, cada proxecto recibirá entre 0.5 e € 2.5 millóns de euros para financiar actividades de innovación como demostración, probas, pilotos e ampliación. Os solicitantes poderán solicitar cantidades superiores se se xustifican debidamente na súa solicitude. Non hai conexión directa entre as dúas fases, polo que as empresas que reciben financiamento da Fase 1 non entran de maneria automática na Fase 2.

O próximo prazo de solicitude para a Instrumento PEME Fase 1 abrirá o vindeiro mes de maio. 



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante