Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/02/2021

A UE adopta unha nova normativa para facer cumprir os acordos comerciais

5268F_1613653945_img_nova_2.jpg
  • A Comisión está a reforzar os instrumentos da Unión Europea para centrarse no cumprimento e a execución dos acordos comerciais da UE, en consonancia coas orientacións da presidenta Úrsula von der Leyen.
  • A prioridade da Comisión é garantizar o respeto dos compromisos acordados con outros socios comerciais

Bruxelas, 18 de febreiro de 2021. Grazas á actualización do Regulamento da UE para a execución de normas comerciais, a UE contará con novas e sólidas ferramentas para actuar nunha gama máis ampla de circunstancias, facer cumprir as normas comerciais e defender os seus intereses.

Os principais cambios para mellorar a capacidade de execución son :

  • A autorización da UE para actuar na protección dos seus intereses comerciais na Organización Mundial do Comercio (OMC) e en virtude dos acordos bilaterais cando unha diferencia comercial estea bloqueada a pesar de que a UE tratara, de boa fe, de seguir os procedementos de solución de diferenzas (anteriormente o Regulamento só permitía actuar unha vez finalizasen os procedementos de solución de diferenzas).
  • A ampliación do ámbito de aplicación do Regulamento e das posibles contramedidas de política comercial aos servizos e a determinados aspectos dos dereitos de propiedade intelectual (DPI) relacionados co comercio (anteriormente o Regulamento só permitía contramedidas en relación ás mercancías).


Contexto

A proposta de modificar o Regulamento existente de execución das normas comerciais é unha reacción ao bloqueo das operacións do Órgano de Apelación da OMC imposto por Estados Unidos. O Regulamento en vigor  (que constitúe unha base en virtude do Dereito da UE para a adopción de contramedidas comerciais­) esixe que, para que a UE poida reaccionar, as diferenzas débense ter sometido antes a todos os procedementos da OMC, incluída a fase de apelación. Con todo, a ausencia dun Órgano de Apelación da OMC funcional permite que os membros da OMC eludan as súas obrigacións e eviten unha resolución vinculante simplemente apelando contra un informe dun grupo especial.

O Regulamento revisado permite á UE reaccionar aínda se a OMC non emitiu unha resolución final porque outro membro da OMC bloquee o procedemento de resolución de diferenzas ao recorrer ao Órgano de Apelación (que non funciona) e non aceptar un arbitraxe alternativo no marco do Acordo de Solución de Diferenzas da OMC.

Este novo mecanismo aplícase tamén á solución de diferenzas relacionadas con acordos comerciais rexionais ou bilaterais dos que forma parte a UE en caso de que se producira un bloqueo similar. A UE debe ser capaz de dar unha resposta firme no caso en que os socios comerciais obstaculicen a resolución efectiva de diferenzas, como por exemplo mediante o bloqueo da composición dos grupos especiais.



Esforzos adicionais en materia de aplicación e execución

Como parte do acordo, a Comisión comprometeuse a desenvolver rapidamente o mecanismo da UE contra a coerción, que adoptará antes de finais de 2021. O mecanismo tamén está incluído no programa de traballo da Comisión para 2021. Ademais, dende o inicio da presente Comisión tomáronse outras medidas para reforzar e orientar os esforzos de aplicación e execución da UE, entre as que se inclúen:

  • A creación dunha nova Dirección de aplicación, acceso ao mercado e pymes na Dirección Xeral de Comercio.
  • A creación, no marco de Access2Markets, dun punto de entrada único para as reclamacións das partes interesadas e empresas da UE sobre as barreiras comerciais nos mercados estranxeiros e as violacións dos compromisos relacionados co comercio sostible dos acordos comerciais da UE. 



Máis información: O Regulamento modificado

Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante