Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/09/2020

A Comisión adopta a proposta para facer efectivo o acordo sobre as reducións arancelarias entre a UE e os EE.UU.

5098F_1600786956_Acuerdo_EEUU.jpg

Bruxelas, 22 de setembro de 2020. O pasado 8 de setembro, a Comisión Europea publicou a proposta de regulamento do Consello e do Parlamento Europeo para eliminar os aranceis sobre determinadas importacións entre os Estados Unidos e a UE.

Trátanse das primeiras reducións arancelarias negociadas entre os EE.UU. e a UE en máis de dúas décadas e estímase que este acordo aduaneiro aumentará o acceso a eses mercados en ao redor de 200 millóns de euros ao ano.

Segundo o Representante Comercial dos EE.UU., Robert Lighthizer, trátase dun acordo de beneficio mutuo que traerá resultados positivos tanto á economía estadounidense como á europea. Por parte da UE, o novo Comisario de Comercio, Valdis Dombrovskis, espera que este paquete de reducións arancelarias sexa o primeiro paso para mellorar a relación cos EE.UU, de xeito que no futuro se produzan acordos adicionais que profunden a cooperación transatlántica a través do comercio máis libre, xusto e recíproco.

Unha vez aprobado o acordo cos procedementos pertinentes a ambos lados do Atlántico, a UE reducirá os aranceis sobre as importacións de produtos estadounidenses de lagosta viva e conxelada, cun valor de 111 millóns de dólares ao ano. Pola súa banda, os Estados Unidos reducirán un 50% as súas tarifas arancelarias sobre certos produtos exportados pola UE como comidas preparadas, certos artigos de vidro, chisqueiros e propulsores de pólvora, entre outros. Isso supoñerá un valor comercial anual de aproximadamente 160 millóns de dólares para as exportacións europeas.

Ambas as partes eliminarán eses aranceis por un período de cinco anos e farano sobre a base da Nación Máis Favorecida (NMF), é dicir, de conformidade cos compromisos multilaterais existentes. Así mesmo, as medidas aplicaranse con efecto retroactivo a partir do 1 de agosto de 2020.

 

 

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante