Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/09/2018

O acordo comercial con Canadá cumpre o seu primeiro ano

Primeiro aniversario do  CETA, o acordo de libre comercio con Canadá que beneficia ás empresas españolas e europeas.png
  • O acordo de libre comercio con Canadá, o  CETA, cumpre o seu primeiro ano de vida, e as empresas españolas xa están a ver grandes beneficios. Non só polo aumento de vendas de produtos gastronómicos como o viño, o aceite de oliva e o queixo, senón tamén de produtos industriais como os xoguetes.

Bruxelas, 27 de setembro de 2018. Tarifas aduaneiras, menos papelorio, mesmas regras: o  CETA permite que as empresas españolas e da UE compitan de igual a igual en Canadá. Isto abre un gran mercado aos nosos produtos xa que permite incluso que as nosas empresas liciten en contratos públicos canadenses.

Estas vantaxes están a reportar grandes aumentos de vendas para as empresas españolas. E o mellor é que se fan respectando as nosas regras. Por exemplo, protexendo produtos con denominación de orixe (viño, queixo, aceite de oliva…) ao prohibir as súas imitacións en Canadá ou garantindo que as regras ambientais e de protección dos traballadores sexan as mesmas que na UE.

En só un ano, os canadenses xa están a premiar a excelencia dos produtos españois.

Un éxito que merece celebrarse, por exemplo, cun bo brinde con sabor español: o viño  do noso país é o produto máis beneficiado polo  CETA, en especial o espumoso e o viño a granel. As importacións aumentaron un 17,4 % na primeira metade de 2018 respecto ao mesmo período de 2017, sen  CETA. España consolidouse como o 5º provedor de viño estranxeiro, só por detrás de Francia, Italia, Estados Unidos e Australia.

«Canadá é un mercado prioritario para o viño español  e esperamos máis beneficios do  CETA», sinala José Luis  Benítez, director xeral da Federación Española do Viño (FEV). 

Pola súa banda, o sector industrial de alimentos e bebidas aumentou as súas vendas na primeira metade de 2018 un 8,35 % respecto ao mesmo período do ano pasado, un crecemento tan alto como toda a última década.

E máis espectacular aínda foi o aumento de exportacións de froitas e hortalizas españolas: preto dun 90 %, con vendas por máis de 40 millóns de euros. E as previsións para todo o ano superan os 100 millóns, case o dobre que o ano anterior.

Fóra do mundo gastronómico tamén se viron beneficios: por exemplo, no sector do xoguete, que aumentou as súas vendas un 20 %.

«Produtores que antes canalizaban parte da súa produción desde fóra de Europa (por exemplo, China), agora fano a través de España. Por que? Polas vantaxes do  CETA: non só menos tarifas, senón sobre todo menos burocracia e o recoñecemento mutuo de normas e estándares. Agora, en España temos vantaxe», sinala Oliver  Giner, director de comercio exterior da Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes (AFEJ). 



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante