Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/04/2018

Os dirixentes locais apoian o Fondo Europeo de Defensa

Fondo Europeo de Defensa.jpg
  • O novo fondo, que ten por obxecto reforzar a cooperación transfronteiriza para desenvolver tecnoloxías e produtos de defensa, ofrece novas oportunidades de mercado ás pemes do sector
 
Bruxelas, 05 de abril de 2018. O Comité Europeo das Rexións aprobou un ditame sobre a « Proposta relativa a un Fondo Europeo de Defensa », elaborado polo relator  Dainis  Turlais ( LV- ADLE), concelleiro de Riga. A diversificación das ameazas á seguridade —que van desde os conflitos armados ata o terrorismo, pasando pola inmigración irregular e os  ciberataques— está a obrigar a Europa a intensificar a cooperación transfronteiriza en materia de defensa. O novo fondo está chamado a reforzar a autonomía estratéxica da UE e a maximizar o potencial da industria da defensa. Estímase que a falta de cooperación entre os Estados membros no ámbito da defensa e a seguridade custa anualmente entre 25.000 e 100.000 millóns de euros (Parlamento Europeo, 2013). O ditame aprobado o pasado venres 23 de marzo contribúe ás negociacións  interinstitucionais en curso, que continuarán durante o próximo mes de abril e concluirán cun acordo definitivo previsto para principios de maio de 2018.

A asemblea da UE dos dirixentes locais e rexionais apoia o Fondo Europeo de Defensa (FED), un novo instrumento que a Comisión Europea puxo en marcha en xuño de 2017 para fortalecer a autonomía estratéxica de Europa e a capacidade de innovación da industria da defensa. O FED centrarase en proxectos de cooperación transfronteiriza. Inclúe un Programa de Desenvolvemento Industrial e un novo sistema de  cofinanciación cos Estados membros cuxo obxectivo é incentivar a cooperación para compartir tecnoloxía e produtos de defensa.

«Trátase de que Europa se mostre unida no escenario internacional e asuma un papel relevante no ámbito da seguridade e a defensa. Os Estados Unidos destinan un 3,3 % do seu PIB á defensa, mentres que nós só alcanzamos o 1,3 %. Se desexamos a paz, necesitamos ser fortes. Non hai uns Estados membros máis pequenos ou máis débiles que outros. Só existe unha Unión Europea, unida, forte e poderosa. O Fondo Europeo de Defensa ten que ser un éxito e apoiar aos Estados membros, ás rexións e aos empresarios para que consigan os seus obxectivos», declarou o relator  Dainis  Turlais ( LV- ADLE).

Os líderes locais consideran esencial que o novo fondo apoie en especial ás pemes, sobre todo a aquelas que desenvolven tecnoloxías de dobre uso —civil e militar—, debido a que conforman unha excelente oportunidade para o emprego e o crecemento. Isto reforza a necesidade de utilizar o FED para prestar un apoio específico a ámbitos estratéxicos como a robótica e as tecnoloxías espaciais, incluídos os sistemas de navegación e os dispositivos informáticos de alto rendemento.

As cidades e as rexións solicitan que o programa de traballo do FED destine o 20 % do seu orzamento total á participación transfronteiriza das pemes. Os membros do  CDR avogan por que se dea prioridade aos consorcios co maior número de pemes. Así mesmo, os criterios de adxudicación deberían conceder puntos suplementarios aos consorcios nos que participen varias empresas e Estados membros.

A asemblea de representantes locais e rexionais solicita que se estude detidamente se os contratistas realmente proceden da UE. Os contratistas e os  subcontratistas principais deben ter a súa sede na UE e as empresas deben ser, polo menos nun 50 %, propiedade dos Estados membros ou de persoas físicas ou xurídicas da UE, e deben estar efectivamente controladas por capital europeo. O  CDR lembra que a xestión e o control real destas empresas deben localizarse na Unión Europea.

O Fondo consta de dúas seccións: unha consagrada á investigación e outra ao desenvolvemento e a adquisición. Os membros solicitaron á Comisión Europea que o importe de 500 millóns de euros previsto para o período 2019-2020 na sección de defensa e desenvolvemento industrial proveña exclusivamente das marxes non asignadas para que non se vexan penalizados os programas xa incluídos no orzamento.

Do mesmo xeito que a # CohesionAlliance, os Estados membros insisten en que o fondo «non debe reducir de ningún xeito as asignacións destinadas á política de cohesión».

Destinarase un importe total de 90 millóns de euros á rama de investigación do FED ata finais de 2019; en 2017 xa se asignaron 25 millóns a proxectos relacionados co sector naval e os sistemas do soldado.

A fin de garantir un nivel de transparencia suficiente na xestión do FED, cuxa operación poderá confiarse á Axencia Europea de Defensa, o  CDR pide á Comisión Europea que tome como exemplo ás axencias executivas da UE, que deben render contas ante o Parlamento Europeo e non exclusivamente ante o Consello Europeo.

A fin de garantir un nivel de transparencia suficiente na xestión do FED, cuxa operación poderá confiarse á Axencia Europea de Defensa, o  CDR pide á Comisión Europea que tome como exemplo ás axencias executivas da UE, que deben render contas ante o Parlamento Europeo e non exclusivamente ante o Consello Europeo.

O ditame do Comité Europeo da Rexións contribúe á negociación  interinstitucional en curso, que continuará durante o próximo mes de abril e concluirá cun acordo definitivo previsto para principios de maio de 2018.

O Fondo Europeo de Defensa consta de dúas seccións:

Investigación: a vertente de investigación do Fondo xa está a producir resultados. A partir de 2017, a UE ofrecerá, por primeira vez, subvencións para a investigación colaborativa en tecnoloxías e produtos de defensa innovadores, financiadas total e directamente con cargo ao orzamento da Unión. Os proxectos que poidan optar ao financiamento da UE centraranse en ámbitos prioritarios previamente acordados polos Estados membros, como a electrónica, os  metamateriales, o software  encriptado ou a robótica. Os fondos correspondentes asignaranse como segue:

  • un total de 90 millóns de euros ata finais de 2019, cun importe de 25 millóns de euros asignado para 2017. Recentemente publicouse unha convocatoria de propostas de proxectos relativos a sistemas non tripulados no sector naval e sistemas do soldado. A firma dos primeiros acordos de subvención está prevista para finais do presente ano;
  • un importe de 500 millóns de euros ao ano a partir de 2020. En 2018, a Comisión propoñerá un programa de investigación en materia de defensa da UE cun orzamento anual estimado de 500 millóns de euros, o que converterá á UE nun dos maiores inversores de Europa na investigación en materia de defensa.

Desenvolvemento e adquisición: o Fondo creará incentivos para que os Estados membros cooperen no desenvolvemento conxunto e a adquisición de tecnoloxía e equipos de defensa grazas á  cofinanciación do orzamento europeo e o apoio práctico da Comisión. Os Estados membros poderán, por exemplo, investir conxuntamente en desenvolver a tecnoloxía de drons ou a comunicación por satélite, ou comprar helicópteros conxuntamente para reducir custos. Só serán admisibles os proxectos colaborativos, e unha proporción do orzamento total destinarase a proxectos que impliquen a participación transfronteiriza das pemes A UE ofrecerá  cofinanciación con:

  • un total de 500 millóns de euros para 2019 e 2020, dentro dun programa específico de defensa e desenvolvemento industrial;
  • un total de 1000 millóns de euros anuais a partir de 2020. Prepararase un programa máis substancial para despois de 2020, cun orzamento anual estimado de 1.000 millóns de euros. O programa mobilizará fondos nacionais, cun previsible efecto multiplicador de 5. Deste xeito, podería xerar un investimento total de 5.000 millóns de euros anuais no desenvolvemento das capacidades de defensa a partir de 2020



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante