Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/01/2020

A Comisión Europea aumenta a protección da propiedade intelectual europea nos mercados mundiais

A Comisión publicou un novo informe sobre protección e respecto dos dereitos de propiedade intelectual. Fonte: © European Union 2016. Fotógrafos: Cristina Cuenca e Daniel Gramage.jpg
  • China é a orixe da maior parte das mercadorías falsificadas e pirateadas que chegan á Unión Europea, tanto por valor como por volume, xa que máis do 80% das mercadorías falsificadas e pirateadas incautadas polas autoridades aduaneiras europeas proceden de China e Hong Kong.
Bruxelas, 9 de xaneiro de 2020. A Comisión Europea publicou hoxe o último informe sobre a protección e a garantía de respecto dos dereitos de propiedade intelectual (DPI) nos terceiros países. Aínda que se avanzou desde a publicación do informe anterior, segue habendo aspectos preocupantes e aínda non se actuou nunha serie de ámbitos que poderían mellorarse. As infraccións dos dereitos de propiedade intelectual en todo o mundo custan ás empresas europeas miles de millóns de euros por lucro cesante e poñen en risco miles de postos de traballo. No informe de hoxe sinálanse tres grupos de países nos que a UE centrará a súa actuación.

O comisario de Comercio, Phil Hogan, afirmou que «protexer a propiedade intelectual como marcas, patentes ou indicacións xeográficas é fundamental para o crecemento económico da UE e para a nosa capacidade de fomentar a innovación e seguir sendo competitivos a nivel mundial. Ata o 82% das exportacións da UE proceden de sectores que dependen da propiedade intelectual. As infraccións dos dereitos de propiedade intelectual, incluídas a transferencia forzosa de tecnoloxía, a usurpación de tales dereitos, a falsificación e a piratería, supoñen cada ano unha ameaza para centos de miles de postos de traballo na UE. A información que figura no informe permitiranos aumentar aínda máis nosa eficacia para protexer ás empresas e os traballadores da UE contra infraccións de dereitos de propiedade intelectual como a falsificación ou como a piratería de dereitos de autor».

As prioridades xeográficas e temáticas da acción da UE para protexer os dereitos de propiedade intelectual baséanse no nivel de prexuízo económico para as empresas da UE. O informe axudará a centrar e orientar mellor os esforzos. A lista actualizada de países prioritarios que presenta o informe segue estando dividida en tres categorías, que reflicten a magnitude e a persistencia dos problemas: 1) China; 2) India, Indonesia, Rusia, Turquía e Ucraína; 3) Arabia Saudita, Arxentina, Brasil, Ecuador, Malaisia, Nixeria e Tailandia.

China é a orixe da maior parte das mercadorías falsificadas e pirateadas que chegan á UE, tanto por valor como por volume. Máis do 80% das mercadorías falsificadas e  pirateadas incautadas polas autoridades aduaneiras da UE proceden de China e Hong Kong.

Todos os acordos comerciais da UE conteñen como elemento estándar un nivel elevado de protección da propiedade intelectual. A Comisión tamén participa en diálogos, grupos de traballo e programas técnicos con países e rexións clave, como China, América Latina, o Sueste Asiático ou África. Entre as accións específicas dos últimos dous anos cabe citar as seguintes:
  • O apoio técnico para a adhesión a tratados internacionais no ámbito dos DPI;
  • Un seminario de sensibilización, dirixido ás pequenas empresas, sobre a importancia dos  DPI;
  • Formación en materia de garantía de respecto dos DPI dirixida a funcionarios de aduanas, xuíces e policías;
  • Formación para examinadores de patentes;
  • Formación sobre a concesión de licenzas en relación con variedades vexetais protexidas.
A Comisión tamén contribúe activamente á protección e a garantía de respecto dos dereitos de propiedade intelectual a escala multilateral, por exemplo na Organización Mundial do Comercio (OMC), a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) e a Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económicos (OCDE).

O informe tamén se centra na propiedade intelectual sobre as variedades vexetais. A mellora vexetal pode desempeñar un papel importante no aumento da produtividade e a calidade na agricultura, minimizando ao mesmo tempo a presión sobre o medio ambiente. A UE desexa fomentar o investimento e a investigación neste ámbito, en particular para o desenvolvemento de novos cultivos resistentes ás secas, as inundacións, a calor e a salinidade, a fin de responder mellor ás consecuencias negativas do cambio climático. Por iso, a protección das variedades vexetais converteuse nunha das prioridades da Comisión para o próximo período.

Antecedentes
Contar con sistemas de propiedade intelectual eficientes, ben deseñados e equilibrados é fundamental para promover os investimentos, a innovación, o crecemento e a actividade empresarial a escala mundial das nosas empresas. Neste contexto, a Comisión Europea participa activamente no reforzo da protección e a garantía de respecto dos DPI, mesmo a través da súa axenda comercial, nos terceiros países.

No período 2014-2016, as industrias cun uso intensivo de propiedade intelectual deron emprego a aproximadamente 84 millóns de persoas en Europa e representaron o 45% do PIB total da UE. O 82% das exportacións da UE foron xeradas por industrias cun uso intensivo de propiedade intelectual. Nestes sectores, a UE ten un superávit comercial de aproximadamente 182.000 millóns de euros. Por outra banda, calcúlase que unha cantidade de 121.000 millóns de euros, é dicir, o 6,8% de todas as importacións na UE, corresponde a produtos falsificados ou  pirateados.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante