Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/06/2018

A Cámara de Santiago presentou a súa experiencia creando un servizo de atención a empresas con dificultades no marco do proxecto europeo “Pre- SOLVE”

Belén Mendoza durante a exposición.jpg Ver máis...
  • A Cámara de Comercio de Santiago foi nomeada por Eurochambres “caso de boas prácticas” grazas á súa participación neste proxecto europeo
Bruxelas, 12 de xuño de 2018. A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación  de Santiago de Compostela participou a semana pasada no acto de presentación das conclusións e peche do proxecto europeo “Pre- SOLVE” na Cámara de Comercio e Industria de Bruxelas presentando a súa experiencia no marco deste proxecto, co que se puxo en marcha un servizo de atención ás empresas con dificultades, coa fin de previr situacións de risco financeiro, ademais de mellorar a competitividade das empresas cunha atención personalizada prestada polo persoal dos distintos departamentos da Cámara. 

A técnico cameral Belén  Mendoza presentou os resultados da participación da Cámara no programa durante dous anos e medio, e fíxoo acompañada pola emprendedora Mercedes García da empresa  Indramejorla, quen presentou á súa vez a súa historia de éxito e o servizo recibido de parte da Cámara tras a súa participación no programa como empresa asesorada durante un total de doce meses, durante os anos 2017 e 2018.  

O traballo realizado pola Cámara de Santiago foi presentado nesta sesión pública, á que asistiron representantes da Comisión Europea e máis de 80 personalidades do ámbito político e empresarial europeo, onde se anunciou que a Cámara de Comercio de Santiago debe considerarse como un “caso de boas prácticas” deste proxecto europeo de prevención de negocios errados, tanto polo número de empresas participantes –69 desde o inicio da convocatoria hai dous anos e medio–, como pola satisfacción demostrada polas mesmas nas enquisas elaboradas tras o peche da convocatoria, cun 100% de satisfacción obtida por parte das empresas participantes.  

Proxecto Pre-SOLVE

O proxecto  Pre-SOLVE ten como principal obxectivo ofrecer apoio a medida aos emprendedores e ás empresas poñendo á súa disposición ferramentas de apoio para mellorar a súa xestión e competitividade.

 En concreto, búscase ofrecer aos empresarios acceso a unha análise da súa situación económico-financeira e empresarial. Ademais, ofrécese apoio á medida en distintos niveis: financeiro, legal, estratéxico, comercial, e psicolóxico. Tamén se traballa no desenvolvemento dun plan para unha segunda oportunidade empresarial.

 Entre as conclusións finais do proxecto,  Dyrk  Vantyghem, director de operacións de  Eurochambres destacou a importancia da creación dunha “Rede Europea de Alerta Temperá”, para evitar a bancarrota das empresas e poder anticiparse na detección de problemas nunha fase inicial, así como centralizar as boas prácticas identificadas. 

Este proxecto europeo estivo coordinado por  Eurochambres e executouse por quince Cámaras de Comercio de oito países europeos.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante