Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/05/2018

Premios Europeos á Promoción Empresarial 2018

Premios Europeos á Promoción Empresarial 2018.png
Bruxelas, 7 de maio de 2018. A Comisión Europea convoca a duodécima edición dos Premios Europeos á Promoción Empresarial, a correspondente a 2018. O obxectivo destes premios é recoñecer as políticas locais, rexionais e nacionais de fomento do emprendemento.

Destinatarios
Poderán participar as administracións nacionais, autonómicas ou locais, así como as asociacións público-privadas e organizacións empresariais que desenvolvan actuacións de fomento do emprendemento que impulsasen a economía durante os dous últimos anos.

As candidaturas deberán presentar iniciativas existentes, a súa influencia na rexión ou localidade que mostren unha evolución positiva nun período de dous anos.

Metodoloxía
A Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEME (DG  GROWTH) da Comisión Europea estableceu seis categorías de premios:
  • Promoción do espírito empresarial.
  • Investimento en formación empresarial.
  • Mellora da contorna empresarial.
  • Apoio á internacionalización das empresas.
  • Apoio ao desenvolvemento dos mercados verdes e a eficiencia nos recursos.
  • Iniciativa empresarial responsable e integradora.
Para a selección dos gañadores, realizaranse dúas fases de selección:
  1. Primeira fase. Nivel nacional: cada Estado participante seleccionará a dous candidatos de distintas categorías que participarán na fase europea.
  2. Segunda fase. Nivel europeo: dous finalistas por país competirán na final. Un Xurado, nomeado pola Comisión Europea, elixirá os gañadores.
Os gañadores coñeceranse na cerimonia de entrega premios que se celebrará en  Graz (Austria), o 20 de novembro de 2018, no marco da Asemblea anual de PEME.

Presentación de candidaturas
Para participar nesta convocatoria deberán cumprimentar o formulario de participación e remitilo por correo electrónico en formato PDF e  WORD a: pymes.europa@mineco.es.

O formulario de participación deberá ir acompañado dunha carta-aval asinada por un político local de alto nivel, un empresario ou un profesor, nun documento en formato PDF (dúas páxinas como máximo).

O prazo para a recepción de candidaturas a nivel nacional finalizará o día 31 de maio de 2018.

Fonte: Ministerio de Economía e Competitividade


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante