Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/04/2018

Potenciar as rexións como polos de innovación en aras dun sector industrial competitivo en Europa

Heinz  Lehmann (DE/PPE).jpg Bruxelas, 05 de abril de 2018. No pleno do Comité Europeo das Rexións (CDR) celebrado o 23 de marzo en Bruxelas, os representantes políticos rexionais e locais adoptaron recomendacións para adaptar a industria europea a unha nova era. O ditame elaborado por  Heinz  Lehmann (DE/PPE) destaca o potencial das cidades e rexións para actuar como polos de innovación e, deste xeito, impulsar a competitividade industrial de Europa no mundo.

Nun mundo en rápida mutación, o obxectivo dunha estratexia de política industrial a escala europea consiste en abordar os retos e oportunidades actuais e futuros para reforzar a competitividade da industria europea. As cidades e rexións desempeñan un papel importante no reforzo da capacidade de transformación e innovación da industria para adecuala á era dixital.

« A UE ten oportunidades para manter e consolidar unha industria competitiva a escala mundial. A innovación, o investimento en tecnoloxías facilitadoras esenciais, a dixitalización, o liderado nunha economía circular e  hipocarbónica e centrarse en proxectos importantes de interese común europeo figuran entre os alicerces fundamentais dunha industria europea con visión de futuro. Hai que asociar aos entes rexionais e locais, xa que dispoñen de competencias e facultades importantes en ámbitos políticos como a investigación e a innovación, a educación e as  cualificaciones, a promoción das exportacións, as infraestruturas, as pemes e a regulamentación» , sinalou  Heinz  Lehmann (DE/PPE), membro do Parlamento do Estado federado de Sajonia.

Dado o papel central que desempeñan as rexións e os ecosistemas rexionais na modernización e innovación industriais, o relator avoga por dotar á estratexia europea dunha forte dimensión rexional. Así mesmo, recomenda investir máis na infraestrutura necesaria para impulsar a dixitalización, e pide un maior apoio para as empresas emerxentes e en expansión e as iniciativas de agrupacións empresariais.

« Agrupacións rexionais como a  Silicon  Saxony son bos exemplos de ecosistemas rexionais: facilitan traballo e formación profesional na esfera local, son únicas dentro e fóra de Europa e están integradas nas cadeas de valor mundiais. Xunto con outras redes rexionais e  interrexionais como a agrupación empresarial no ámbito da construción lixeira  MERGE, a Rede Europea de Rexións Químicas (ECRN) ou a iniciativa  Vanguard, poden reforzar a imaxe dunha rexión como polo de innovación e previr a emigración, a escaseza de man de obra cualificada e a economía a pequena escala» , engadiu Lehmann .

Así mesmo, o relator sinalou que un mercado único que funcione correctamente, ofrecendo un acceso libre e equitativo ao mercado europeo, contribuirá a unha maior integración de empresas rexionais e locais nas cadeas de valor mundiais. É preciso que todas as rexións —incluídas as zonas rurais— participen na creación de valor e xeren e manteñan empregos cualificados. Destaca que os servizos empresariais competitivos son cada vez máis importantes para a produtividade e a competitividade dos custos da industria, e son factores fundamentais do seu éxito.

Máis información:

Ditame do  CDR: Unha estratexia europea para a industria: o papel e a perspectiva dos entes locais e rexionais

Fonte: Comité Europeo das Rexións 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante