Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/03/2018

A Comisión Europea abre unha consulta pública sobre a revisión da definición de peme

A Comisión Europea revisa a definición de peme.jpg
A Comisión Europea está a preparar unha avaliación e posible revisión dalgúns aspectos da definición das pequenas e medianas empresas (pemes). Para iso convida a todos os actores interesados a proporcionar os seus comentarios a través dunha consulta pública que permanecerá aberta ata o 6 de maio de 2018 a través da ferramenta EU Survey

O obxectivo da consulta é recibir opinións sobre a necesidade e idoneidade de actualizar ou modificar a definición de peme actualmente vixente en Europa, froito da Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003.  

O termo peme é unha ferramenta amplamente utilizada nas políticas de comunitarias, como as axudas estatais, os fondos estruturais ou a investigación e a innovación (Horizonte 2020).
Ademais, a definición de peme é relevante para algunhas exencións administrativas europeas e tarifas reducidas, como, por exemplo, para o Regulamento sobre rexistro, avaliación, autorización e restrición de produtos químicos (REACH).

A definición actual considera como pequena e mediana empresa aquela con menos de 250 traballadores a tempo completo (ou equivalente) e que, ademais, cumpra algún dos seguintes parámetros financeiros:
Unha facturación anual de menos de 50 millóns €, ou ben
Uns activos totais de menos de 43 millóns €

Grupo destinatario
O Executivo comunitario anima a todos os cidadáns e organizacións a contribuír a esta consulta; esperando con especial interese as contribucións de: 
administracións nacionais e rexionais
empresas, asociacións e organizacións empresariais
provedores de capital risco, institucións académicas e de investigación e cidadáns particulares.

Respostas á consulta
A Comisión publicará as respostas pouco despois de que finalice o período de consulta.
As contribucións recibidas publicaranse en internet xunto coa identidade dos seus autores, a menos que estes se opoñan á publicación dos datos de carácter persoal por considerar que pode danar os seus intereses lexítimos. Nese caso, a contribución poderá publicarse de forma anónima. Pola contra, nin se publicará a contribución nin se terá en conta, en principio, o seu contido.

Resultados da consulta
A Comisión fará un resumo das respostas ao termo do período de consulta. Os resultados teranse en conta ao elaborar o informe de avaliación.

Participa! https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/review_sme_definition?surveylanguage=ES 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante