Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/10/2020

España recibe 6 000 millóns de euros en bonos sociais a través do instrumento SURE

5168F_1603961013_P046420-655119.jpg
A Comisión Europea procedeu a unha primeira emisión de bonos sociais por un valor de 17 000 millóns de euros no marco do instrumento SURE da UE para axudar a protexer o emprego e manter aos traballadores no posto de traballo.
Os estados beneficiarios desta primeira emisión son Italia, España e Polonia.
Bruxelas, 29 de outubro de 2020. A Comisión procedeu a unha primeira emisión de bonos sociais no marco do instrumento SURE por un total de 17 000 millóns de euros a Italia, España e Polonia para axudar a protexer o emprego e manter aos traballadores no posto de traballo. Emitíronse dous bonos diferentes, debéndose reembolsar 10 000 millóns de euros en outubro de 2030 e 7 000 millóns en 2040. 

Italia vén de recibir 10 000 millóns de euros, España 6 000 millóns, e Polonia 1 000 millóns. Unha vez finalizados os desembolsos, Italia recibiría un total de 27 400 millóns de euros, España 21 300 millóns, e Polonia 11 200 millóns. Estes importes axudarán a facer fronte aos aumentos do gasto público necesarios para preservar o emprego. Máis concretamente, axudarán a sufragar os custos relacionados co financiamento dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo e con medidas similares adoptadas en resposta á pandemia, en particular para atender aos traballadores autónomos.

Os investidores mostraron un gran interese por este instrumento dadas as súas atractivas condicións e a demanda de subscrición superou en máis de 13 veces á oferta, o que se traduciu nunha remuneración favorable para ambos os bonos. Os bancos que apoiaron conxuntamente á Comisión nesta operación son Barclays, BNP Paribas, Deutsche  Bank,  Nomura e UniCredit. 

Antecedentes do instrumento  SURE
Por agora, 17 Estados membros recibirán axuda financeira con cargo ao instrumento  SURE para axudar a protexer o emprego e a manter ás persoas en activo. A axuda financeira proporcionarase en forma de préstamos concedidos en condicións favorables pola UE aos Estados membros.

Os Estados aínda poden presentar solicitudes formais de axuda con cargo ao instrumento  SURE, que ten unha capacidade global de ata 100 000 millóns de euros para contribuír a protexer os postos de traballo e aos traballadores afectados pola pandemia. A Comisión xa propuxo a concesión dunha axuda financeira por importe total de 87 800 millóns de euros no marco deste instrumento.
Os próximos desembolsos efectuaranse ao longo dos próximos meses, tras as correspondentes emisións de obrigacións.

Antecedentes da actividade de  empréstito da UE
A UE foi creada polo Tratado de Roma en 1957 e asígnaselle unha ponderación de risco do 0% como emisor. Os empréstitos da UE están constituídos por obrigacións directas e incondicionais da UE, garantidas polos Estados a través do orzamento da UE. O Tratado da UE faculta á Comisión para tomar fondos prestados nos mercados internacionais de capitais, en nome da Unión.
A UE toma fondos prestados exclusivamente en euros, que presta á súa vez a  prestatarios soberanos. Na actualidade, a UE xestiona catro programas de préstamos: O Mecanismo Europeo de Estabilización Financeira (MEEF), o Mecanismo de Balanza de Pagos, a Axuda Macrofinanceira, e o Instrumento Europeo de Apoio Temporal para Atenuar os Riscos de Desemprego nunha Emerxencia (SURE), adoptado polo Consello o 19 de maio de 2020.

Fonte: Comisión Europea
A Comisión desembolsa 17 000 millóns de euros a Italia, España e Polonia a través de SURE


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante