Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/09/2020

A Comisión propón asignar dous millóns de euros para axudar a 500 traballadores despedidos da construción naval e sectores auxiliares en Galicia

5102F_1600949065_4568.jpg

  • O comisario de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit, declara que o obxectivo é “axudar aos traballadores despedidos en Galicia (...) para financiar medidas de reciclaxe profesional e mellora das capacidades a fin de que poidan atopar emprego noutros sectores”

 

Bruxelas, 24 de setembro do 2020. A Comisión vén de aprobar a solicitude de financiación a cargo do Fondo Europeo de Adaptación a Globalización (FEAG) para axudar a traballadores despedidos da construción naval e sectores auxiliares en Galicia.

A diminución da cota de mercado da Unión na produción mundial de buques e o aumento da competencia mundial han tido consecuencias nefastas para a industria auxiliar galega de construción naval. España solicitou axuda do  FEAG tras o despedimento de 960 traballadores en empresas auxiliares dos estaleiros de Galicia entre maio de 2019 e febreiro de 2020.

Prevese a participación duns cincocentos traballadores despedidos nas medidas de apoio cofinanciadas polo FEAG. Trátase dun conxunto de medidas que pretenden proporcionarlles orientación profesional, apoio na procura de emprego e a posibilidade de adquirir novas capacidades a través da formación profesional, entre outras. Ademais, os traballadores terán acceso a incentivos como unha contribución aos gastos dos coidadores no ámbito familiar e apoio financeiro para fomentar a reinserción laboral rápida.

O coste total estimado do conxunto da axuda é de 3,4 millóns de euros, dos cales 2 millóns serán aboados polo FEAG. A Xunta de Galicia aportará o montante restante.

Agora a proposta da Comisión transmitirase ao Parlamento Europeo e ao Consello para a súa adopción.

Contexto

O FEAG creouse no 2007 para axudar os traballadores despedidos como consecuencia de cambios importantes nos patróns do comercio mundial, así como dunha crise económica e financeira inesperada.

O ámbito de aplicación do Fondo inclúe o apoio a reinserción dos traballadores despedidos, incluídos os traballadores con contrato de duración determinada, os traballadores temporais e os por conta propia.

Esta non é a primeira vez que as autoridades españolas acoden ao FEAG para axudar a traballadores galegos: no 2010 a UE destinou 1.844.700 euros para traballadores despedidos no sector téxtil, e no 2012 o FEAG serviu para financiar o 65% dos custos totais previstos polo goberno español para apoiar a traballadores na busca dun novo emprego en Galicia.

No contexto da crise económica actual como consecuencia da pandemia da COVID-19, tamén pode mobilizarse o FEAG en caso de producirse despedimentos permanentes masivos. Para 2020, aínda están dispoñibles 177 millóns de euros.

No que respecta ao período posterior a 2020, a Comisión propuxo cambios no deseño do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización que ampliarán o ámbito de  subvencionabilidad. Os cambios propostos inclúen o seguinte:

-       Ampliar o ámbito de aplicación para incluír reestruturacións importantes imprevistas que dean lugar a despedimentos masivos, sexa cal fora o motivo (especialmente a globalización, a transición a unha economía de baixas emisións de carbono, a automatización e a dixitalización);

-       Reducir o numero de despidos de 500 a 250 e acurtar o período de referencia;

-       simplificar o procedemento de mobilización para poder axudar aos traballadores con maior rapidez.

Actualmente, está a negociarse co Parlamento Europeo e o Consello a lexislación posterior a 2020, así como o límite máximo anual.

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante