Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/04/2019

O Parlamento Europeo apoia protexer os dereitos dos traballadores mediante novas formas de emprego

A nova normativa establece dereitos mínimos para os traballadores con contratos ocasionais ou de curta duración. Fonte: © European Union, 2015. Fotógrafo: Maciej Szkopanski.jpg
  • A nova normativa establece dereitos mínimos para os traballadores con contratos ocasionais ou de curta duración.
  • Os traballadores deberán coñecer desde o primeiro día as súas condicións laborais.
  • Segundo marca o texto, o período de proba non poderá superar os seis meses.
Bruxelas, 16 de abril de 2019. Os eurodeputados apoiaron hoxe unha directiva que garante dereitos mínimos para os traballadores a demanda e de plataformas en liña como Uber e  Deliveroo. A normativa, xa acordada cos ministros dos Estados membros, especifica que calquera persoa cun contrato de traballo ou unha relación laboral, tal e como o defina a lexislación, os convenios colectivos ou a práctica en vigor en cada Estado membro, quedará cuberta polas novas regras. Tamén deberá terse en conta a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE, segundo a cal un traballador efectúa un servizo durante un certo tempo e baixo a dirección doutra persoa a cambio dunha remuneración.

Isto significa que os traballadores con contratos ocasionais ou temporais, que traballan a demanda, de maneira intermitente, que cobran con vales ou para plataformas en liña, así como bolseiros remunerados e aprendices, están cubertos por uns dereitos mínimos, sempre que traballen un mínimo de tres horas á semana e 12 horas cada catro semanas de media.

Os autónomos non estarán cubertos pola nova normativa.

Máis transparencia
O texto obriga a informar os traballadores o primeiro día como norma xeral, e nun prazo que non supere os sete días de maneira excepcional, das características fundamentais do seu contrato, como a descrición das tarefas asignadas, a data de incorporación, a duración, o salario e o horario tipo por xornada (ou unhas horas de referencia en caso de postos con horarios impredicibles).

Maior protección ás novas modalidades de emprego
A batería de dereitos para cubrir as novas formas de emprego inclúe:
  • Os traballadores a demanda deberán contar cun mínimo de predictibilidade nos seus horarios mediante o establecemento de horas e días de referencia  predeterminados. Tamén terán dereito a rexeitar, sen consecuencias, traballar fóra do horario predeterminado ou a obter unha compensación se non se lles notifica a tempo a cancelación do seu contrato a demanda.
  • O texto insta os Estados membros a adoptar medidas que preveñan as prácticas abusivas como os límites de uso e duración dun contrato.
  • Os  empleadores non deberán prohibir, penalizar ou poñer impedimentos aos traballadores que asinen contratos con outras compañías, sempre que sexa fóra do horario laboral previamente establecido coa súa empresa.
Período de proba e formación
Ademais, o período de proba non poderá superar os seis meses ou un período equivalente, proporcional á duración do contrato, cando se trate de empregos temporais. Se existe un novo contrato para o mesmo posto de traballo, este non poderá volver a ter un período de proba. Así mesmo, o empresario deberá ofrecer formación obrigatoria que contará como tempo de traballo. Cando sexa posible, a formación deberá ofrecerse dentro do horario laboral.

Declaracións sobre a nova directiva
O relator, Enrique Calvet Chambon (ALDE, España), manifestou o seguinte ao respecto: «Esta directiva constitúe o primeiro gran paso cara á aplicación do Pilar Europeo de Dereitos Sociais, xa que afecta a todos os traballadores da UE. Todos os traballadores que estiveron no limbo terán, grazas a esta directiva e ás sentenzas do Tribunal de Xustiza Europeo, garantidos os seus dereitos mínimos. A partir de agora, ningún  empleador poderá abusar da flexibilidade existente no mercado laboral».

O texto final foi aprobado con 466 votos a 145, e 37 abstencións. Os Estados membros terán tres anos para aplicar estas normas.

Fonte: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante