Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/04/2019

Solicita xa a túa beca Galeuropa 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convocou o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019.jpg
Santiago, 28 de abril de 2019. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convocou o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019. O programa promociona a realización de prácticas formativas non laborais en empresas ou entidades nos países da UE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido, Rumanía e Suecia.

Período
As prácticas tendrán un período mínimo de dous meses e poderán extenderse ata un máximo de tres, e consistirán polo menos en 100 horas de traballo mensuais. Os participantes recibirán unha media de 3.300 € ao mes, en función da duración e o destino seleccionados.

Obxectivos
  • Aumentar a inserción laboral da xuventude.
  • Completar a competencia profesional e personal dos participantes.
  • Superar os obstáculos lingüísticos, mellorando as competencias en idiomas extranxeiros.
  • Potenciar a autonomía da mocidade.
Quen pode participar en Galeuropa 2019?
Todos os mozos e mozas que non estean a traballar nin en formción, inscritos como beneficiarios no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidad Autónoma de Galicia. Os candidatos non deben ter disfrutado anteriormente dunha beca Galeuropa. Para ser seleccionables deben ter unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de realizar a solicitude.

Como debo realizar a solicitude?
Coma calquiera trámite administrativo realizarase preferentemente por Sede Electrónica, xa sexa co DNI electrónico, certificado dixital ou polo sistema Chave 365.
  • Prazo: do 30 de abril ao 29 de maio de 2019, ambos inclusive. 
  • Solicita el modelo Anexo I-A: Inclúe os teus datos de identificación, o país de destino no que vas a realizar as túas prácticas (para calcular a cuantía da axuda), o número de meses de duración e se solicitas a axuda de apoio lingüístico. 
  • Entregar o CV modelo europeo (Europass): Tanto en galego coma en castelán.
  • Entrega os xustificantes que acrediten as circunstancias persoais alegadas na solicitude.
  • Aceptación da empresa de prácticas, modelo IV-A: Aínda que na convocatoria di que é opcional, te recomendamos que busques unha empresa en concreto para realizar as prácticas e entregues o modelo IV-A para incrementar as posibilidades de ser elixido. Podes envialo ata 5 días hábiles tras a finalización do prazo (ata o 5 de xuño).
Podes acceder á información específica da convocatoria neste enlace.

Outros medios de participación
O programa Galeuropa 2019 prevé outras duas fórmulas de participación:
  • A través de proxectos impulsados por entidades sen ánimo de lucro, que recibirán a subvención xa que son as que executarán o proxecto de mobilidade.
  • A través de proxectos impulsados por concellos, coma no caso anterior serán os que recibirán a subvención para executar o proxecto.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante