Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/01/2019

O Parlamento Europeo e o Consello acordan medidas para conciliar vida laboral e familiar

O Parlamento Europeo e o Consello acordan medidas para conciliar vida laboral e familiar.jpg
  • Un mínimo de 10 días de permiso  parental remunerados a non menos do nivel de pago de ausencia por enfermidade
  • Dous meses de permiso  parental remunerados non transferibles
  • Cinco días anuais de ausencia por coidados
  • Modelos de traballo flexibles, incluído o teletraballo

Bruxelas, 25 de xaneiro de 2019. Os negociadores da comisión de Emprego do Parlamento Europeo alcanzaron un acordo cos ministros da UE sobre o permiso de paternidade non  transferible para potenciar as oportunidades das mulleres no mercado laboral.

O acordo establece os requisitos mínimos para os Estados membros nun intento de incrementar a representación das mulleres no ámbito laboral e reforzar o rol dun pai ou segundo cónxuxe. Esta medida beneficiará aos fillos e a vida familiar, á vez que reflicte en maior medida os cambios sociais e promove a igualdade de xénero.

Paternidade e permisos de paternidade e coidador

Os negociadores acordaron introducir o dereito a polo menos dez días laborais de permiso  paternal remunerado para os pais ou segundos cónxuxes (nos casos nos que se recoñeza pola lei nacional) durante o tempo de nacemento ou adopción e pagos a non menos do nivel do pago de ausencia por enfermidade.

Tamén se engadiron dous meses de permiso  parental pago non  transferibles. Esta ausencia deberá ser un dereito individual, creando así as condicións apropiadas para unha distribución máis equilibrada das responsabilidades do coidado dos recentemente nados. Os negociadores acordaron tamén que os Estados membros deberán establecer un nivel adecuado de pago ou subsidio para un período mínimo de permiso de paternidade non  transferible, tendo en conta que, ao asumir o permiso de paternidade, as familias adoitan incorrer nunha perda de ingresos e que, por tanto, o membro da familia con maior salario (que habitualmente é o home) debe ter a capacidade de facer uso deste dereito. 

O nivel de pago deberá permitir uns estándares de vida adecuados, animando así a ambos os cónxuxes para tomar o seu permiso.

Co obxectivo de prover de flexibilidade aos Estados membros de sistemas de permisos de paternidade xenerosos, engadiuse unha cláusula, por requisito dos ministros da UE, pola cal os Estados membros garanten que un traballador recibirá un pago ou subsidio de polo menos o 65% do seu salario neto por un mínimo de 6 meses de permiso de paternidade para cada cónxuxe. Os Estados membros serán os que decidan se manter este sistema.

Por último, tamén se chegou a un acordo de cinco días ao ano de permiso de coidados para prover de coidados persoais a un familiar ou unha persoa vivindo no mesmo fogar e que estea nunha condición médica grave ou de discapacidade por idade avanzada.

Traballo flexible

Os pais, nais e coidadores traballadores poderán requirir un axuste ás súas condicións laborais que inclúan, no caso de que sexa factible, o traballo remoto ou horarios laborais flexibles. Á hora de considerar peticións de traballo flexible, os  empleadores deberán ter en conta non só os recursos propios do  peticionario e a súa capacidade operativa, senón tamén as necesidades específicas dun pai ou nai dun fillo/a con discapacidade e enfermidades de longa duración, así como dos pais ou nais solteiros.  



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante