Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/11/2018

O BEI e Bankia unen forzas para incentivar a creación de emprego xuvenil en España

Creación de emprego xuvenil en España.jpg
  • O  BEI facilita a  Bankia un préstamo de 25 millóns de euros destinado á creación de emprego xuvenil en España.  Bankia complementará o préstamo con ata 25 millóns de euros destinados ao mesmo obxectivo
  • O préstamo do banco da UE permitirá facilitar créditos en condicións vantaxosas ás pemes que contraten a mozos desempregados
  • O acordo contribuirá a incentivar o emprego xuvenil e a completar o programa  Dualiza  Bankia de impulso da FP
Bruxelas, 19 de novembro de 2018. O Banco Europeo de Investimentos (BEI) e  Bankia unen forzas para loitar contra o desemprego xuvenil en España. Ambas entidades acordaron hoxe poñer ata 50 millóns de euros a disposición das pemes e empresas de mediana capitalización españolas para incentivarlas a contratar a mozos desempregados. Con este obxectivo, o  BEI facilitou a  Bankia un préstamo de 25 millóns de euros que a entidade española pode completar con ata 25 millóns de euros adicionais, co que o volume final de financiamento dispoñible para as empresas podería ascender aos 50 millóns de euros.

O acordo, asinado hoxe en Madrid pola vicepresidenta do  BEI, Emma Navarro, e o presidente de  Bankia, José Ignacio  Goirigolzarri, foi posible grazas ao apoio do Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos (EFSI polas súas siglas en inglés). Este fondo é o alicerce central do Plan de Investimentos para Europa, coñecido como ”Plan  Juncker”. O seu apoio permite incrementar a capacidade do Grupo  BEI para financiar proxectos de investimento de alto valor engadido que, como é o caso deste acordo, se dirixen a fomentar a creación de postos de traballo, os investimentos en educación e a competitividade empresarial.

As pemes e  midcaps que accedan a contratar a mozos desempregados a través do crédito do  BEI poderán beneficiarse dun financiamento con tipos de interese reducidos e prazos de amortización máis amplos, grazas ao apoio do Plan de Investimentos para Europa.

Investir no futuro: apoio do  BEI á educación e a formación na UE

Facilitar financiamento para promover os investimentos nunha educación de calidade na Unión Europea é unha das prioridades do Grupo  BEI. Para o banco da UE, os estudantes de hoxe son os innovadores do mañá e por iso, o investimento en educación, capital humano e formación é fundamental para lograr o crecemento económico e a creación de emprego. 

O  BEI facilitou préstamos para financiar proxectos en educación desde o ano 1997, tras a adopción da Resolución do Consello Europeo sobre crecemento e emprego. Ademais, o  BEI lanzou no ano 2013 o programa  Investing  for  Youth, unha iniciativa dirixida a fomentar o emprego entre os mozos facilitando recursos para a súa formación. Esta iniciativa está financiada cun fondo de 6.000 millóns de euros para apoiar proxectos desenvoltos entre os anos 2012-2020,  céntrase sobre todo apoiar programas de formación en rexións da UE con taxas de desemprego xuvenil superiores ao 25%  

Banco Europeo de Investimentos

O Banco Europeo de Investimentos (BEI) é a institución de financiamento a longo prazo da Unión Europea cuxos accionistas son os seus Estados membros. O  BEI facilita financiamento a longo prazo a proxectos de investimento viables co fin de contribuír ao logro dos obxectivos da política da UE

Plan de Investimentos para Europa

O Plan de Investimentos para Europa, coñecido como o «Plan  Juncker», é unha das prioridades absolutas da Comisión Europea. Céntrase en impulsar os investimentos para crear emprego e crecemento mediante un uso máis intelixente de recursos financeiros, eliminando obstáculos ao investimento e proporcionando visibilidade e asistencia técnica a proxectos de investimento.

O Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos (FEIE) é o principal alicerce do «Plan  Juncker» e proporciona garantías a primeiras perdas, o cal fai posible que o  BEI poida investir en máis proxectos que a miúdo levan aparellado un risco maior. 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante