Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/10/2018

Celebración da mobilidade laboral da UE: 60 anos de coordinación da seguridade social e 50 anos de libre circulación de traballadores

Celebración da mobilidade laboral da UE.jpg
  • A Comisión Europea puxo en marcha un concurso para recompensar aos Campións da libre circulación e inspirar aos futuros # EUmovers.
Bruxelas, 23 de outubro de 2018. A Comisión Europea lanzou unha campaña para celebrar varios fitos importantes da integración europea, xa que o ano 2018 marca o 60 aniversario das normas da UE sobre a coordinación dos sistemas de seguridade social e o 50 aniversario das normas fundadoras da liberdade de circulación dos traballadores.

Con motivo do lanzamento da campaña, a Comisaria de Emprego, Asuntos Sociais, Habilidades e Mobilidade Laboral,  Marianne Thyssen, dixo: ”A libre circulación é máis que un dereito fundamental establecido nos Tratados da UE. É unha realidade viva que gozan millóns de persoas”. Esta libre circulación non se puido establecer dunha soa vez. Requiríase lexislación para concretala. E desde o principio tiña que ir acompañada das salvagardas adecuadas. Hoxe, conmemoramos os primeiros e cruciais pasos lexislativos, mentres continuamos mellorando as regras. De feito, aínda temos un par de propostas sobre a mesa que establecen regras claras, xustas e esixibles para garantir unha mobilidade laboral xusta. Nas próximas semanas, dedicarei toda a miña enerxía para asegurarme de que estas propostas se aproben e se convertan nunha realidade no futuro.”

A libre circulación é un dos logros máis prezados da Unión Europea. Desde que asumiu o cargo en 2014, a Comisión  Juncker realizou un esforzo considerable para facilitar a libre circulación de traballadores e protexer os seus dereitos, á vez que evita o  dumping social e brinda ás autoridades nacionais as ferramentas para combater os riscos de abuso ou casos de fraude.

Neste senido a Comisión puxo sobre a mesa varias iniciativas, como a revisión da directiva de desprazamento de traballadores; a modernización da coordinación dos sistemas de seguridade social ou a proposta dunha autoridade laboral europea.

Gaña unha viaxe por Europa! 

Queres gañar 500€ en viaxes na UE? Entón únete ás celebracións dos 50 anos de liberdade de movemento e dos 60 anos de coordinación da seguridade social! 

A Comisión Europea puxo en marcha un concurso para recompensar aos Campións da libre circulación e inspirar aos futuros #EUmovers. Xa sexa para viaxar, estudar, traballar ou xubilarse no estranxeiro... Grazas á túa historia poderías gañar un cupón de viaxe de 500€! Para participar tan só tes que compartir as túas experiencias e vivencias grazas á libre circulación na UE valéndote dunha foto ou vídeo.

Consulta as reglas de participación no siguiente enlace e segue as celebracións e concurso en liña a través dos  hashtags #EUmovers e #YourCareerMove!



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante