Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/11/2020

A Unión Europea felicita ao novo presidente estadounidense

5183F_1605173637_casa_blanca.png
  • Os líderes da Unión Europea esperan ter un maior achegamento co futuro presidente estadounidense, Joe Biden, para traballar en sintonía na recuperación tras a pandemia e na loita contra o cambio climático.

Bruxelas, 11 de Novembro de 2020. Despois dun longo reconto tras as eleccións do 3 de novembro, Joe Biden é o novo presidente electo dos Estados Unidos. Os comicios captaron a atención de moitos e sobre todo dos dirixentes políticos das institucións europeas, quen non tardaron en reaccionar ante o resultado.

O presidente do Parlamento Europeo e a presidenta da Comisión Europea deron a noroaboa á nova administración que estará gobernada polo Partido Demócrata. David Sassoli e Ursula Von der Leyen destacaron a colaboración dos Estados Unidos coa Unión Europea durante décadas e a necesidade de reforzar lazos despois do mandato de Donald Trump. Os dous dirixentes políticos apelan á necesidade de reconstruír agora a alianza transatlántica para enfrontar os retos actuais: facer fronte á COVID 19, abordar a desigualdade e  loitar contra o cambio climático. 

O futuro presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, prometeu retomar o Acordo de París, que limita a emisión de gases de efecto invernadoiro, tan pronto como acceda á Casa Branca. Desta maneira, a nova administración estadounidense estaría máis próxima ás políticas da Unión Europea, como o Pacto Verde.

O presidente do Consello Europeo tamén reaccionou ante o resultado das eleccións en Estados Unidos. Charles Michel felicitou a Joe Biden e á número dous do seu partido, Kamala Harris, quen pasará á historia como a primeira vicepresidenta dos Estados Unidos. Michel declarou a súa intención de traballar co novo presidente electo e a nova administración para construír unha sólida alianza transatlántica. Aos retos xa mencionados polos demais líderes da Unión Europea, Michel engade o do comercio internacional e o multilateralismo.

O presidente electo dos Estados Unidos, Joe Biden, tomará posesión do cargo o 20 de xaneiro de 2021.

Máis información:

Comisión Europea

Parlamento

Consello
Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante