Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/10/2020

Cara a un marco europeo para combater as violacións e abusos contra os dereitos humanos en todo o mundo

5174F_1604055271_HUMAN_RIGHTS_2.png
  • A Comisión Europea e o alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade presentaron unha proposta conxunta de Regulamento do Consello relativo á aplicación de medidas restritivas (sancións) en caso de violacións e abusos graves dos dereitos humanos.
  • Con este Regulamento a UE terá maior flexibilidade para perseguir aos responsables de violacións e abusos graves dos dereitos humanos en todo o mundo.
Bruxelas, 30 de outubro 2020. Como anunciou a presidenta Von der Leyen no seu discurso sobre o estado da Unión, a Comisión Europea e o alto representante, Josep Borrel, presentaron unha proposta conxunta de Regulamento do Consello sobre a aplicación de sancións contra as violacións dos dereitos humanos. A proposta conxunta de Regulamento do Consello é un dos actos xurídicos requiridos polo Consello para proceder ao establecemento do novo réxime horizontal de sancións. Complementa a Decisión do Consello proposta polo alto representante Borrell que, unha vez adoptada polo Consello, establecerá o réxime mundial de sancións da UE en materia de dereitos humanos.

Unha vez que entre en vigor, este novo réxime ofrecerá á UE maior flexibilidade para perseguir aos responsables de violacións e abusos graves dos dereitos humanos en todo o mundo, independentemente de onde se produzan ou en quen recaia a responsabilidade. Prevese que o réxime mundial de sancións da UE en materia de dereitos humanos consista en medidas como a inmobilización de bens e a prohibición de viaxar. En canto a isto último, a proposta conxunta tamén confiaría á Comisión Europea, por primeira vez, a supervisión da aplicación das prohibicións de viaxe.

O novo réxime non substituirá aos réximes de sancións xeográficas existentes, algúns dos cales xa se ocupan de violacións e abusos dos dereitos humanos, por exemplo, en Siria, Bielorrusia ou Venezuela.

Estas propostas reflicten claramente o compromiso da UE de apoiar en todo o mundo a democracia, o Estado de Dereito, os dereitos humanos e os principios do Dereito internacional. Responden o acordo político alcanzado polos ministros de Asuntos Exteriores da UE no Consello de Asuntos Exteriores de decembro de 2019 para avanzar na creación do devandito réxime.

O réxime mundial de sancións da UE en materia de dereitos humanos tamén é un elemento clave proposto polo alto representante e a Comisión no Plan de Acción para os Dereitos Humanos e a Democracia 2020-2024 como parte da Comunicación conxunta adoptada en marzo 2020. 

Próximas etapas
Os Estados membros debaterán no Consello a proposta de Regulamento do Consello en paralelo á proposta de Decisión do Consello presentada polo alto representante.

Contexto
As sancións da UE contribúen a alcanzar obxectivos clave da UE, como o mantemento da paz, o reforzo da seguridade internacional e a consolidación e o apoio á democracia, o Dereito internacional e os dereitos humanos. Diríxense a aqueles cuxas accións poñen en perigo estes valores, co fin de reducir na medida do posible as consecuencias negativas para a poboación civil. A UE conta actualmente cuns corenta réximes de sancións diferentes. O Regulamento do Consello é necesario para detallar as medidas do réxime de sancións establecido pola Decisión do Consello que poidan afectar o funcionamento do mercado interior da UE. É directamente vinculante para as autoridades administrativas nacionais, así como para os axentes privados, mentres que a Decisión do Consello é xuridicamente vinculante para os Estados membros da UE.


Para máis información sobre a política de sancións da UE e a política de dereitos humanos:

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante