Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/11/2017

Principais resultados do Cumio da Asociación Oriental

O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, atende aos medios tras a finalización do Cumio da Asociación Oriental. © Unión Europea
  • Con ocasión do Cumio da Asociación Oriental, os dirixentes da UE reuníronse cos seus seis socios orientais —Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, a República de Moldavia e Ucraína— para acordar as futuras prioridades da asociación
  • Tratouse o modo de reforzar a cooperación e lograr que a economía, a gobernanza, a conectividade das sociedades sexan máis fortes
Bruxelas, 30 de novembro de 2017. Con ocasión do Cumio da Asociación Oriental, os dirixentes da UE reuniron a semana pasada cos seus seis socios orientais —Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, a República de Moldavia e Ucraína— para acordar as futuras prioridades da asociación. Xuntos abordaron o modo de reforzar a cooperación e lograr que a economía, a gobernanza, e a conectividade das sociedades sexan máis fortes.

O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, afirmou que «queremos reforzar a cooperación coa Asociación Oriental nunha serie de ámbitos específicos tales como as pequenas e medianas empresas, a economía dixital, os investimentos en banda ancha, e os investimentos en transporte, enerxía e proxectos de infraestrutura. A lista é longa. Pero, por encima de todo, queremos reforzar os vínculos entre os nosos cidadáns e dar un maior apoio á sociedade civil».

Todos os dirixentes acordaron unha declaración conxunta na que volven confirmar o seu compromiso e a gran importancia que conceden á Asociación Oriental. Na declaración, a UE reafirmou o seu compromiso de apoiar a integridade territorial, a independencia e a soberanía de todos os seus socios.

Os participantes no cumio pediron que se redobren os esforzos para fomentar a resolución pacífica dos conflitos que seguen sen resolver na rexión baseándose no Dereito internacional. Recoñeceron as aspiracións europeas e a opción europea dos socios que asinaron acordos de asociación coa UE, como Xeorxia, a República de Moldavia e Ucraína, á vez que recoñeceron o dereito dos outros socios a elixir o nivel de ambición ao que aspiran nas súas relacións coa UE. «Non debería haber ningunha dúbida de que o noso futuro común reside na disposición da UE para abrir as políticas da UE aos nosos socios. E podo confirmar que estamos dispostos a iso», segundo  Tusk.

Os líderes tamén acolleron con satisfacción os «vinte resultados concretos para 2020». Trátase dun marco destinado a mellorar a vida dos cidadáns dos distintos países socios da Asociación Oriental nos catro ámbitos prioritarios de cooperación acordados en Riga en 2015. Ademais, a declaración conxunta fai fincapé nos aspectos seguintes:
  • a importancia da boa  gobernanza
  • a necesidade de conexións de transporte mellores e máis seguras
  • a importancia da seguridade enerxética
  • a necesidade de seguir prestando apoio aos medios de comunicación independentes e de denunciar a desinformación
  • o compromiso dos dirixentes de fomentar a mobilidade e capacitar á mocidade
En paralelo ao cumio, a UE e Armenia asinaron un acordo de asociación global e reforzado e celebraron un acordo de aviación. Ademais, a rede  transeuropea de transporte ( RTE- T) ampliouse aos socios orientais.
 

Acerca da Asociación Oriental

A Asociación Oriental púxose en marcha en 2009 para promover a asociación política e a integración económica entre a UE e os seis países socios do leste de Europa: Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, a República de Moldavia e Ucraína.

Fuente: Consello Europeo


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante