Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/11/2020

Aberta a consulta pública sobre a contribución das normas de competencia ao Pacto Verde

5190F_1605266732_ergrgwerg.png
Todas as partes interesadas, incluídos os expertos en competencia, o mundo académico, a industria, os grupos ecoloxistas e as organizacións de consumidores, poderán presentar propostas ata o 20 de novembro.

A consulta pública divídese en tres partes: o control das axudas estatais, as normas de defensa da competencia e o control de operacións de concentración.

Bruxelas, 13 de novembro de 2020. A Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea (DG COMP) vén de publicar unha consulta pública sobre o funcionamento conxunto das normas de competencia e as políticas de sustentabilidade, no marco do debate europeo acerca do apoio da política de competencia da UE ao Pacto Verde.

Tal e como sinalou a vicepresidenta executiva Margrethe Vestager, a política de competencia non pode substituír ás leis ambientais ou ao investimento verde. A pregunta é máis ben se se pode facer máis para aplicar as regras europeas de maneira que apoien mellor ao Pacto Verde. Por tanto, o obxectivo da presente convocatoria é reunir ideas e propostas de todos aqueles que teñan un interese neste asunto, incluídos os expertos en competencia, o mundo académico, a industria, os grupos ecoloxistas e as organizacións de consumidores. 

As partes interesadas poderán enviar as súas contribucións ata o 20 de novembro de 2020 ao correo electrónico COMP-GREEN-Deal@ec.europa.eu

As contribucións, que se terán en conta nunha conferencia que se organizará a principios do 2021, abarcarán os seguintes ámbitos:

1. Control das axudas estatais: a través destas normas pódese contribuír aos eixos prioritarios do Pacto Verde facilitando os investimentos ecolóxicos á vez que limitan os efectos que destrocen a competencia ocasionados polas subvencións estatais. As achegas recibidas servirán de base para elaborar un marco facilitador no que as autoridades públicas poderán contribuír aos obxectivos da transición verde e a unha economía ecolóxica, á vez que fan o uso máis eficiente posible dos limitados fondos públicos.

2. Normas de defensa da competencia: as normas de defensa da competencia da UE xa contribúen aos obxectivos do Pacto Verde ao sancionar comportamentos restritivos, así como ao facilitar o libre fluxo de enerxía a través das fronteiras baseado na competencia entre os operadores do sector enerxético e nun uso máis eficiente dos recursos naturais. O debate actual ten por obxecto determinar se aínda existen obstáculos na celebración de acordos idóneos para a consecución dos obxectivos do Pacto Verde e, de ser así, cal é a mellor maneira de facerlles fronte.

3. Control de operacións de concentración: a Comisión Europea é responsable de garantir que estas transaccións non causen un dano duradeiro á competencia no mercado interior. Neste sentido, as características respectuosas co medio ambiente e de sustentabilidade dos produtos poden asociarse cunha maior calidade e constituír un factor que marca a diferencia para o consumidor. O obxectivo de promover o desenvolvemento sostible require protexer e fomentar a innovación, de forma que as empresas ideen novas e mellores tecnoloxías, produtos ou coñecementos técnicos. O control das operacións de concentración garante que non haxa unha perda de innovación causada polas fusións entre rivais, que doutro xeito seguirían achegando beneficios.

Os documentos de consulta estarán dispoñibles en todos os idiomas oficiais


Máis información

Documento de consulta (ES)


Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante