Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/09/2020

A Comisión Europea pon en marcha unha consulta a pública sobre o seu plan de acción para a agricultura ecolóxica

5074F_1599561341_productos_ecol__xicos.png

Co obxectivo de materializar o Pacto verde Europeo e acadar as metas sobre biodiversidade, a Comisión Europea, ten aberta ata o 20 de decembro do 2020 unha consulta pública sobre o seu futuro plan de acción para a agricultura ecolóxica.  

A Comisión Europea considera prioritario que o sector da agricultura ecolóxica dispoña dos instrumentos adecuados e dun marco legal eficiente, con fin de acadar os obxectivos das estratexias sobre biodiversidade, "Da Granxa a mesa" e de que ata un 25% das terras agrícolas sexan destinadas á labranza ecolóxica no 2030. Así o afirmaba o comisario de Argicultura e Desenvolvemento sostible, Janusz Wojciechowski, que engadía ademais que “a agricultura ecolóxica será un aliado clave na transición que estamos a liderar cara un sistema alimentario máis sostible e para unha mellor protección da nosa biodiversidade”.

Para iso, a Comisión está a implementar un plan de acción sobre a agricultura ecolóxica que impulse a demanda e a oferta e, que desde o 4 de setembro, dispón dunha consulta pública para que cidadáns, autoridades nacionais e partes interesadas poidan ofrecer ós seus puntos de vista sobre este plan. Este cuestionario permanecerá en liña ata o 20 de decembro do 2020.

Neste sentido, son varias as ferramentas que a Comisión está a empregar para acadar esta meta para o 2030 como, unha nova lexislación sobre producción ecolóxica que garanta a competencia leal e unha estratexia de promoción agroalimentaria da UE que contará cun presuposto específico de 40 millóns de euros.

Ademais destas ferramentas a Comisión seguirá a contar coa Política Agraria Común (PAC) para seguir apoiando o desenvolvemento da agricultura ecolóxica na UE a través de medidas como os programas de desenvolvemento rural. 

Food photo created by freepik - www.freepik.com

Máis información:
Comisión Europea
Preguntas frecuentes


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante