Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/06/2020

COVID-19: máis axudas para os agricultores do Fondo de desenvolvemento rural

5038F_1594054745_P024270003802-657981.jpg
  • Até 7.000 euros para agricultores individuais, até 50.000 euros para pemes
  • Pagos antes do 30 de xuño de 2021, aprobación de solicitudes antes do fin de 2020
  • A contía das axudas poderá ascender ao 2% da asignación nacional do FEADER
Bruxelas 19 de xuño de 2020. O Parlamento incrementou as axudas de emerxencia que os países poden dar aos agricultores e pemes agrícolas do Fondo para o desenvolvemento rural.

Esta medida de emerxencia, apoiada con 636 votos a favor, 21 en contra e oito abstencións, permitirá aos países utilizar diñeiro sobrante dos programas de desenvolvemento rural (FEADER) para conceder axudas directas aos produtores e pequenas explotacións máis afectados pola crise do COVID-19.

Esta liquidez adicional debería axudar aos produtores e pemes do sector, que se viron particularmente afectados pola pandemia, a manterse á boia.

Máis diñeiro e tempo para desembolsalo

A axuda aos agricultores poderá elevarse a 7.000 euros, 2.000 máis do que propuña a CE. O máximo para pemes agroalimentarias mantense en 50.000 euros, en liña coa proposta da Comisión.

Os eurodeputados tamén incrementaron, do 1% proposto pola Comisión ao 2%, a porcentaxe de fondos dos programas nacionais para desenvolvemento rural que cada país poderá utilizar para facilitar esta liquidez de emerxencia.

Así mesmo, o PE decidiu dar máis tempo ás autoridades nacionais para liberar as axudas. O prazo para efectuar os pagos alargarase até o 30 de xuño de 2021 (seis meses máis que a proposta da Comisión), pero as solicitudes terán que aprobarse antes de que acabe este ano.

Contexto

A proposta de emerxencia foi presentada pola CE o 30 de abril dentro dun paquete máis amplo de apoio ao sector agrícola ante a pandemia. Para garantir a rápida aprobación da medida temporal, a comisión de Agricultura do PE solicitou a súa tramitación pola vía urxente.

Tras consultar co Consello, os eurodeputados decidiron modificar a medida, elevando o límite das axudas e estendendo o prazo ás autoridades nacionais para liberar o diñeiro.

Máis información


Fonte: Parlamento Europeo

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante