Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/06/2020

A Comisión Europea propón reforzar os fondos dispoñibles para apoiar a agricultores e zonas rurais

4985F_1591199936_PAC_e_MFP.jpg
  • O incremento de fondos axudará a realizar os cambios estruturais precisos para aplicar os obxectivos marcados polo Pacto Verde Europeo. 
  • A PAC é, xunto coa política de cohesión, un dos grandes pilares do orzamento comunitario. 
Bruxelas, 3 de xuño de 2020- A Comisión Europea presentou o 27 de maio un novo borrador de Marco Financeiro Plurianual (MFP) para o período 2021-2027. Dirixida a mitigar a crise causada pola COVID-19 e a impulsar a recuperación económica de Europa, a nova versión constitúe unha revisión da proposta presentada en 2018. En total, a nova proposta supón un orzamento para os próximos sete anos de 1,1 billóns de euros, que ascendería ata os 1,85 billóns se se suma a aportación do novo instrumento de recuperación coñecido como Nova Xeración UE 

Con respecto á Política Agrícola Común (PAC), a nova proposta recolle un orzamento total de 348 mil millóns de euros. Se se compara este montante coas cifras do orzamento da UE para 2014-2020, dedúcese un aumento de 2015 mil millóns de euros para o pilar 2 da PAC (desenvolvemento rural), que ten unha asignación no período que conclúe este ano de 90 mil millóns de euros. Por outra parte, o pilar 1 (pagos directos a agricultores e gandeiros) contaría cun aumento de 4 mil millóns de euros. A Comisión Europea da así un xiro significativo con respecto á súa proposta inicial de 2018, na que o pilar 2 caía aproximadamente un 30% en comparación co período actual. 

Pola súa parte, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) beneficiaríase dun complemento de 15 mil millóns de euros con respecto ó MFP que expira este ano. 

Segundo o executivo comunitario, este incremento dos fondos axudará a agricultores e zonas rurais a realizar os cambios estruturais necesarios para aplicar o Pacto Verde e, en particular, os obxectivos establecidos polas novas estratexias europeas de biodiversidade e “Da granxa á mesa 

Este borrador de orzamento aínda debe ser negociado na súa totalidade entre os EEMM e debe contar co apoio do Parlamento Europeo para a súa aprobación.



Máis información 

Preguntas e resposta- a PAC no próximo orzamento a longo prazo da UE  

Proposta lexislativa 



Fonte: Comisión Europea 
 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante