Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/05/2020

Publícase o paquete de medidas extraordinarias para apoiar á agricultura

4920F_1588674496_AGRI_noticia.jpg
  • O paquete de medidas, presentado a finais de abril pola Comisión Europea e publicado xa no DOUE inclúe axudas ó almacenamento privado nos sectores lácteo e cárnico, a autorización de medidas de autoorganización do mercado por parte de operadores de sectores moi afectados pola crise e flexibilidade nos programas de apoio a determinados mercados. 
  • O executivo comunitario tamén vén de propor que os Estados membros empreguen fondos de desenvolvemento rural da PAC para compensar a agricultores e empresas agroalimentarias polas perturbacións causadas pola COVID-19. 

Bruxelas, 5 de maio de 2020- A Comisión Europea anunciou a publicación no Diario Oficial da UE (DOUE) do paquete de medidas para a cadea agroalimentaria presentado o pasado 23 de abril: 

  • Axuda ó almacenamento privado: manteiga, leite en polvo, queixo, carne de cabra e de ovella e carne de bovino. As solicitudes poderanse presentar a partir do próximo 7 de maio. Os produtos serán almacenados por un mínimo de 2-3 meses e un máximo de 5-6 meses. 
  • Autoregulamento do mercado por parte dos operadores dos sectores lácteo, flores e patacas: poderá ser por un período de 6 meses e poderán tomar medidas como a retirada do mercado, distribución gratuíta, promoción conxunta ou planificación da produción. Terán que ser notificadas á autoridade competente e farase un seguimento ante posibles repercusións negativas. 
  • Maior flexibilidade nos programas de apoio: xeral para os programas operativos de froitas e hortalizas, aceite e olivas e apicultura. 
  • Viño: apoio á destilación e axuda ó almacenamento, maior flexibilidade para os dereitos de plantación, entre outros. 
Ademais, o executivo comunitario presentou tamén unha nova iniciativa para apoiar ós sectores agrícola e alimentario máis afectados pola crise da COVID-19. O que se propón é permitir que os Estados membros empreguen fondos de desenvolvemento rural da política agraria común (PAC) para compensar ós agricultores e ás pequenas empresas agroalimentarias con 5 000 € e 50 000 €, respectivamente. Estes pagos a tanto alzado deben realizarse antes do 31 de decembro de 2020. O monto máximo que se pode asignar a esta medida é o 1% dos sobres de cada Plan de Desenvolvemento Rural. 

Os Estados membros e as administracións rexionais terán que incluír a medida nos seus Plans de Desenvolvemento Rural mediante unha modificación e asignar fondos mediante transferencias doutras medidas. Neste sentido, a Comisión Europea presentou unha modificación do Regulamento de Desenvolvemento Rural, o que implica que para a súa adopción definitiva será preciso que o Parlamento Europeo e o Consello da UE dean seu visto bo ó texto. Esta tramitación poderá levar varios semanas ou meses. Esta medida súmase á axuda de minimis para o sector agrícola e o aumento do teito da axuda estatal previamente aprobadas


Máis información



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante