Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/07/2019

A Comisión Europea presenta axudas adicionais para os agricultores europeos a fin de combater a seca no continente

Axudas adicionais da Comisión aos agricultores para combater a seca. Fonte: © European Union 2009. Fotógrafo: Luc Gerin.jpg
  • O órgano executivo da UE propón como axudas unha maior porcentaxe dos anticipos de fondos económicos europeos que reciben os agricultores xunto a unha maior flexibilización no uso de terras que non son empregadas habitualmente para a produción.
Bruxelas, 26 de xullo de 2019. A Comisión Europea está a apoiar aos agricultores que se enfrontan ás ondas de seca en Europa cun novo paquete de axudas adicionais. Por unha banda, os agricultores europeos poderán recibir unha maior porcentaxe dos seus anticipos en concepto de pagos directos e pagos de desenvolvemento rural. Por outra banda, para poder alimentar aos seus animais, terán maior flexibilidade no uso de terras que normalmente non se utilizan para a produción.

O comisario irlandés de Agricultura, Phil Hogan, declarou que «estas prolongadas condicións meteorolóxicas son motivo de preocupación para os nosos agricultores. A Comisión manterá estreitos contactos cos Estados membros e avaliará a situación sobre o terreo. Como sempre, estamos dispostos a axudar aos agricultores afectados pola seca. Por iso, decidimos introducir maiores anticipos de pago e excepcións a determinadas normas de ecoloxización para facilitar a produción de pensos».

Ademais das axudas dispoñibles no marco da Política Agrícola Común (PAC), tomáronse dúas decisións para axudar aos agricultores:
  • Os agricultores poderán recibir anticipos máis elevados. Ata o 70% dos seus pagos directos e o 85% dos pagos de desenvolvemento rural estarán dispoñibles a partir de mediados de outubro para mellorar o seu fluxo de caixa.
  • Se permitirán excepcións a determinados requisitos de "ecoloxización". Estas aplicaranse á diversificación dos cultivos e ás normas sobre as zonas de interese ecolóxico en relación coas terras retiradas da produción. Tamén podería considerarse a adopción doutros tipos de excepcións á ” ecologización”, o que permitiría aos agricultores unha maior flexibilidade na produción forraxeira.
Ademais de avaliar e analizar continuamente a seca e o seu impacto a través de satélites europeos, a Comisión está en contacto con todos os Estados membros para recibir información actualizada sobre as consecuencias da seca para os agricultores e a un nivel máis local.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante