Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/06/2018

Reutilización da auga: A Comisión propón normas para que a rega agrícola sexa máis fácil e segura

Novas regras para estimular e facilitar a reutilización de auga na UE.jpg
Bruxelas, 1 de xuño de 2018.- A Comisión propuxo novas regras para estimular e facilitar a reutilización de auga na UE para a rega agrícola. Estas novas normas axudarán aos agricultores para facer o mellor uso posible das augas residuais, do mesmo xeito que aliviarán a escaseza de auga, protexendo ao mesmo tempo ao medio ambiente e aos consumidores.

Que propón a Comisión?
  • Introdución duns requisitos mínimos para a reutilización das augas residuais tratadas procedentes de instalacións de tratamento de augas residuais urbanas, en relación cos elementos  microbiolóxicos (por exemplo, os niveis da bacteria E.  coli) e a frecuencia dos controis. A introdución duns requisitos mínimos garantirá que a auga rexenerada producida con arranxo ás novas normas sexa segura para a rega.
  • Xestión de riscos para identificar calquera risco adicional ao que se deba facer fronte para que a reutilización da auga sexa segura.
  • Aumento da transparencia. A poboación terá acceso á información en liña sobre as prácticas de reutilización da auga nos seus respectivos Estados membros.
A reutilización da auga na UE está actualmente moi por baixo do seu potencial, a pesar de ter un menor impacto ambiental e de supoñer un aforro importante de enerxía en comparación coa necesaria para extraer e transportar auga potable. 

Ademais, un terzo da superficie da UE adoece de estrés hídrico durante todo o ano e a escaseza de auga segue sendo unha preocupación importante para moitos Estados membros da UE. As pautas meteorolóxicas cada vez máis impredicibles, así como as secas extremas, poden carrexar consecuencias negativas para a cantidade e a calidade dos recursos de auga potable. 

O obxectivo das novas normas é garantir que se faga o mellor uso posible das augas tratadas procedentes de instalacións de tratamento de augas residuais urbanas, constituíndo unha alternativa fiable de subministración de auga. Ao conseguir que as augas residuais non potables volvan ser útiles, estas medidas contribúen ao aforro do custo económico e ambiental en relación coa instalación de novas subministracións de auga.

Contexto

Esta proposta contribúe a paliar a escaseza na UE no contexto da adaptación ao cambio climático. Garante que as augas residuais tratadas que se destinan á rega agrícola sexan seguras, protexendo así aos cidadáns e ao medio ambiente.

A proposta estaba prevista no programa de traballo da Comisión para 2018, como consecuencia directa do plan de acción para a economía circular, e completa o marco xurídico vixente da UE sobre a auga e os alimentos.

As novas normas complementan a modernización en curso da economía europea, a política agrícola común e as ambicións en materia de cambio climático, participando na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas na UE (en particular, do Obxectivo 6 sobre a auga e o saneamento), do mesmo xeito que forma parte da transición cara á economía circular, un dos obxectivos principais da Comisión.

Fonte: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante