Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/03/2018

O PE propón medidas para axudar a abellas e produtores e garantir a calidade do mel.

©AP Images/European Union-EP
  • Prohibición de todas os pesticidas daniños
  • Endurecer os controis sobre o mel importado
  • Promocionar os beneficios do mel para a saúde
O Parlamento quere que a UE e os Estados membros invistan máis para protexer a saúde das abellas, combater a adulteración do mel e apoiar aos produtores.

A UE necesita unha estratexia a longo prazo e de alcance para mellorar a saúde das abellas e favorecer a repoboación, sinala o Parlamento nunha resolución aprobada o xoves con 560 votos a favor, 27 en contra e 28 abstencións.

Os eurodeputados expoñen:
  • un plan de acción a nivel comunitario para combater a mortalidade das abellas,
  • programas de cría para reforzar a súa resistencia a especies invasoras como o ácaro Varroa destrutor, a avespa asiática (Vespa velutina) e a loque americana,
  • máis investigación para desenvolver medicamentos innovadoras e ampliar a súa dispoñibilidade,
  • prohibición de todos os pesticidas con efectos negativos cientificamente probados sobre a saúde das abellas e posta a disposición dos produtores de alternativas seguras, e
  • alertas anticipadas sobre os períodos de fumigación para evitar danar ás abellas.
 Máis apoio aos produtores e promoción dos produtos apícolas

A UE tamén debe incrementar o orzamento para programas nacionais de apoio ao sector un 50% e pór en marcha mecanismos específicos para asistir nos produtores apícolas a partir de 2020, din os eurodeputados, que reclaman compensacións en caso de perdas de colonias de abellas. 

As autoridades nacionais deben facer máis para informar o público, e especialmente aos nenos, sobre os beneficios do mel e os usos terapéuticos doutros produtos apícolas. 

Loita contra as importacións falsificadas
Para garantir que o mel importado respecta os elevados estándares comunitarios, é necesario harmonizar os controis fronteirizos e dentro do mercado interior. Os eurodeputados reclaman, así mesmo, test de calidade a todo o mel chegado a territorio comunitario e o endurecemento das esixencias de rastrexabilidade. 

Tamén reclaman sancións máis duras aos infractores e probas de laboratorio máis efectivas. Por último, insisten en que o mel e outros produtos apícolas deberían ser considerados ?sensibles? nas negociacións comerciais con terceiros países, ou mesmo excluírse totalmente das mesmas. 

Datos
A UE produce ao redor de 200.000 toneladas de mel ao ano, só superada a nivel mundial por China. Dentro da Unión, Romanía, España e Hungría son os principais produtores. Pero a produción non cobre a demanda. As importacións de mel tamén roldan as 200.000 toneladas anuais, fundamentalmente desde China, Ucraína, Arxentina e México.

Fuente: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante