Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/01/2018

Ribeiras do Morrazo: a UE dá un novo pulo aos viños galegos

4204F_1516356293_es_igp_4ca.png
  • A zona pontevedresa de Ribeiras do Morrazo logra a certificación europea de calidade para os seus viños
  • Trátase da certificación xeográfica europea número 42 concedida a un viño español 
  • É o primeira IGP para un viño español desde 2012 (link is external)
  • Estes selos permiten mellorar os ingresos dos produtores

Bruxelas, 10 de xaneiro de 2018. A zona galega de "Ribeiras do Morrazo", en Pontevedra, coñecida polos seus viñedos en áreas  protexidas por formacións montañosas, foi rexistrada como Indicación Xeográfica Protexida (IGP) na Comisión Europea para a fabricación de viños.

Impulso ao mundo rural

É unha boa noticia para os seus produtores, que poderán beneficiarse desta certificación, que permite aos consumidores dispor dunha información clara e sucinta sobre a súa orixe, o que axudará ás vendas do produto, mellorando os ingresos do agricultor e os traballadores da zona.

Aínda que o proceso de fabricación dun IGP/DOP pode levar custos superiores á dun produto sen ese selo, calcúlase que permiten obter un prezo á venda 2,3 veces superior, permitindo así mellorar as rendas mentres se preservan métodos de produción tradicionais.

España, terceira na UE

Segundo os últimos rexistros da base de datos destas denominacións, España é o terceiro país da UE con máis produtos protexidos baixo o selo de Denominación de Orixe Protexida (DOP), Indicación Xeográfica Protexida (IGP) ou Especialidade Xeográfica Protexida (EGP) en Europa. España conta con 195 produtos, só superado por Italia (295) e Francia (245).

Acordos comerciais

Estas certificacións son moi importantes tamén no marco dos acordos comerciais da UE e outros actores. Por exemplo, no caso do acordo con Canadá (CETA), asinado en 2017, elimínanse os aranceis aplicados ao 98% dos produtos que a UE intercambia con este país e protéxense especialmente 143 indicacións xeográficas europeas.

Todo tipo de produtos

Entre os produtos españois que contan con protección pola súa denominación de orixe (DOP) ou Indicación xeográfica (IGP), atopamos produtos moi diferentes, co factor común de que deben de ser tradicionais dunha rexión.

Como exemplo diso, aquí pódense ver dez casos:

1- Mel de Villuercas

2- Polvorones de Estepa

3- Cochinilla de Canarias

4- Mojama de Barbate

5- Melón da Mancha

6- Cordeiro Segureño

7- Garavanzo de Escacena

8- Sobao Pasiego

9- Torta de Santiago

10- Pera de Jumilla

A continuación, unha lista de 10 viños españois con protección xeográfica:
  1. Ribeiras do Morrazo (Galicia)
  2. Baixo Aragón  (Aragón)
  3. Ladeiras do Genil  (Andalucía)
  4. Cangas  (Asturias)
  5. El Hierro  (Canarias)
  6. Prado Irache  (Navarra)
  7. Priorat  (Cataluña)
  8. Uclés ( (Castela e León)
  9. Viños de Madrid  (Madrid)
  10. Yecla  (rexión de Murcia)
Fonte: Representación en España da Comisión Europea
Noticias relacionadas: A Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo conseguirá nos próximos días a súa inscrición definitiva no rexistro comunitario - Xunta de Galicia

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante