Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/10/2020

Novo plan de acción para a Unión Aduaneira

5136F_1602158782_customs_area.jpg

  • O Plan de Acción sobre a Unión aduaneira establécese como pedra angular do mercado único para seguir apoiando ás aduanas da UE na súa función vital de protexer os ingresos, a prosperidade e a seguridade da UE.
  • A UE busca aduanas que sexan máis intelixentes, innovadoras e eficientes que permitan ás aduanas predicir mellor as importacións e exportacións que supoñan riscos para o territorio europeo.

Bruxelas, 8 de outubro do 2020. O pasado 28 de setembro de 2020, a Comisión Europea puxo en marcha o novo Plan de Acción para a Unión Aduaneira no que establece unha serie de medidas para lograr que as aduanas da UE sexan máis intelixentes, innovadoras e eficientes no próximos catro anos. As medidas anunciadas confirman o importante papel da Unión Aduaneira para a protección dos ingresos da UE, así como para a seguridade, a saúde e a prosperidade dos cidadáns e as empresas da Unión. O plan de acción sobre a Unión aduaneira inclúe unha serie de iniciativas en ámbitos como:

  • Xestión do risco: garantir unha maior dispoñibilidade e unha mellor utilización dos datos e da análise dos datos con fins aduaneiros. Avoga por unha supervisión intelixente e pola creación dun novo centro de coordinación dentro da Comisión para recompilar, analizar e intercambiar datos aduaneiros que poidan axudar ás autoridades aduaneiras a identificar os puntos débiles nas fronteiras exteriores da UE e xestionar crises futuras.
  • Xestión do comercio electrónico: reforzaranse as obrigacións impostas aos provedores de servizos de pago e ás plataformas de venda en liña para reforzar a loita contra a fraude en materia de impostos e dereitos de aduana no sector do comercio electrónico.
  • Promoción do cumprimento das normas: a futura iniciativa de portelo único facilitará ás empresas que operan  licitamente o cumprimento das formalidades fronteirizas nun portal único. Permitirá ás autoridades aduaneiras contar cunha maior colaboración en materia de tramitación, uso compartido e intercambio de información e mellorar a avaliación do risco.
  • Actuación das autoridades aduaneiras como unha entidade única: o plan de acción detalla o despregamento de equipamentos aduaneiros modernos e fiables no marco do próximo orzamento da UE 21-27. Crearase un novo grupo de reflexión composto por representantes dos Estados membros e das empresas co fin de axudar a prepararse contra futuras crises e retos, como acontecementos mundiais imprevistos e futuros modelos de negocio.

Contexto da Unión aduaneira da UE

A unión aduaneira da UE, que en 2018 celebrou a súa 50º aniversario, constitúe un territorio único a efectos aduaneiros, no que se preserva a seguridade das fronteiras da UE, protexe aos cidadáns europeos de mercadorías prohibidas e perigosas como armas, drogas e produtos nocivos para o medio ambiente, e facilita os intercambios comerciais da UE co resto do mundo. Dentro da unión aduaneira da UE, as autoridades aduaneiras dos Estados membros encárganse de levar a cabo unha ampla e crecente gama de controis e de facilitar o incremento dos intercambios comerciais lexítimos coa maior rapidez e fluidez posibles.

As aduanas tamén están a desempeñar un papel fundamental na nosa recuperación da crise sanitaria sen precedentes. Desde o inicio da pandemia de coronavirus, as autoridades e os funcionarios de aduanas da UE ocuparon un lugar prominente no desempeño de tarefas esenciais, como facilitar as importacións de equipos de protección, eliminando ao mesmo tempo produtos falsificados, como máscaras falsas e medicamentos falsificados nas fronteiras exteriores da UE.

Nos últimos anos, púxose de manifesto que as autoridades aduaneiras dos Estados membros atopan dificultades relacionadas co desempeño das súas diversas funcións. Seguirán existindo, e mesmo se acentuarán, desafíos importantes tales como a actual emerxencia de saúde pública, as consecuencias da saída do Reino Unido do mercado único e da unión aduaneira da UE, así como o auxe da dixitalización e do comercio electrónico.

Para contribuír plenamente ao benestar de todos os cidadáns da UE e para facilitar os intercambios comerciais, o novo plan de acción dotará as autoridades aduaneiras con  equipamentos técnicos e con capacidades analíticas que permitan ás aduanas predicir mellor as importacións e exportacións que supoñan riscos. O reforzo da cooperación aduaneira cos principais socios comerciais internacionais, como China, apoiará os esforzos da UE para facilitar os intercambios comerciais.

 

Fonte: Comisión Europea




Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante