Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/10/2015

Un mercado único máis xusto e profundo: a Comisión da un impulso ás oportunidades para os cidadáns e as empresas

Bruxelas, 30 de outubro de 2015.- A Comisión europea presentou unha folla de ruta co obxectivo de cumprir o compromiso político do presidente Juncker de liberar todo o potencial do mercado único e convertelo en plataforma de lanzamento para que Europa prospere en la economía mundial.

O mercado único, cuxa finalidade é facer posible que os bens, servizos, capitais e persoas circulen con maior liberdade, é un dos principais logros da UE. O mercado único ofrece máis oportunidades a profesionais e empresas, así como unha variedade máis ampla onde elixir e uns prezos máis baixos para os consumidores.

O vicepresidente da Comisión, Jyrki Katainen, responsable de Fomento do Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade, declarou “a consolidación e profundización do mercado único da UE é a parte máis importante do Plan de Investimento para Europa. Hai que acabar coas restricións ó investimento e crear novas oportunidades para os consumidores, os profesionais e as empresas. O mercado único debe adaptarse aos tempos: fomentando os modelos de negocio innovadores e tendo unha boa acollida no mercado único”.

As accións tomadas pola comisión buscan aportar resultados nos ámbitos seguintes:

Consumidores: a Comisión tomará medidas para garantir que os consumidores que desexan comprar servizos ou produtos noutro Estado membro, xa sexa en liña ou en persoa, non atopen obstáculos e diferencias en canto a prezos, condicións de venta ou opcións de entrega.

Pemes e empresas emerxentes: as empresas emerxentes teñan moito que aportar á economía, pero algúns empresarios deciden marchar de Europa ao non conseguir levar as súas ideas ao mercado. Por este motivo, no contexto do Plan de Investimento para Europa e a Unión dos Mercados de Capitais estanse realizando esforzos para facilitar o acceso das pemes ao financiamento. Por outro lado, a Comisión tamén ten a intención de simplificar a lexislación do IVA, reducir os gastos de rexistro das empresas e reunir toda a información sobre os requisitos legais para que se poida acceder a ela a través dun único portal dixital. A Comisión tamén ten previsto traballar na adopción dunhas normas sobre propiedade intelectual e industrial claras e favorables para as pemes, así como poñer en marcha a Patente Unitaria para que a través dela as empresas europeas saquen o máximo rendemento ás súas ideas.

Servizos innovadores: a Comisión elaborará unha axenda europea en materia de economía colaborativa. Os novos modelos de negocio reportan beneficios aos cidadáns e ás empresas por igual e axudan a optimizar o uso dos recursos existentes. Sen embargo, existen dúbidas en canto a se a lexislación vixente segue sendo adecuada para a súa finalidade e se son necesarias novas normas.

Profesionais: a Comisión mellorará as oportunidades de mobilidade a través das fronteiras para as empresas e os profesionais. Mellorará o recoñecemento das titulacións profesionais e facilitará a prestación transfronteriza de servizos.

Como complemento a todas estas axudas, a Comisión traballará cos Estados membros e cos participantes no mercado para crear unha cultura do cumprimento das normas do mercado único. Prestarase especial atención ao sector servizos e á contratación pública, esencial para gastar os cartos dos contribuíntes de maneira eficiente. A Comisión tamén reforzará o recoñecemento mutuo, a fin de xerar novas oportunidades para as empresas que desexen expandirse.

Fonte  

 

 

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante