Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/06/2019

Xa está dispoñible a relación provisional de aspirantes admitidos para a praza de oficial administrativo na delegación española no Parlamento Europeo

MEPs_abandonan_o_Pleno_do_Parlamento_Europeo.JPG Santiago, 5 de xuño de 2019. Como adiantamos o pasado mes, a oficina da delegación española no Parlamento Europeo convocou o concurso para unha praza de oficial administrativo discontinuo.

Este luns 3 de xuño o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación facía pública a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos. Aqueles aspirantes excluídos contan con 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación, para subsanar calquera defecto que motivara a exclusión.
 
No caso de que a documentación solicitada para acreditar os méritos dos participantes, terá coma efecto inmediato a no valoración dese elemento na fase de concurso.

O primeiro exercicio da fase de oposición será o próximo 17 de xuño de 2019, no local da Representación sito no Boulevard du Régent 52, 1000 Bruxelas; os candidatos deben asistir portando un documento acreditativo da súa identidade (DNI ou pasaporte).

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante