Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/01/2019

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede en Vigo, busca expertos externos

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede en Vigo, busca expertos externos.jpg
  • A lista de expertos resultante desta convocatoria será válida ata outubro de 2023
Bruxelas, 18 de xaneiro de 2018. No marco da asistencia para a posta en marcha de proxectos cos Estados membros e coa Comisión Europea, a Axencia Europea de Control de Pesca (EFCA) precisará expertos externos en áreas coma análise de datos de pesca, avaliación de riscos e avaliación de cumprimento. Así, a Axencia abre un prazo de inscrición para todas as persoas interesadas coa finalidade de elaborar unha lista de expertos que sirvan de apoio en actividades de coordinación operativa e asistencia en proxectos. 

Esta convocatoria de expresións de interese publicouse no Diario Oficial S 204 o 23 de outubro do 2018 e a lista resultante será válida ata o 22 de outubro de 2023. As persoas interesadas poden presentar unha solicitude en calquera momento antes do últimos tres meses de validez da lista, ata o 22 de xullo de 2023.

Esta táboa proporciona unha descrición xeral dos campos de experiencia que busca a Axencia, as tarefas esperadas e os requisitos específicos.

O formulario de solicitude atópase aquí

Sobre a Axencia Europea de Control de Pesca

A Axencia Europea de Control da Pesca é unha axencia da Unión Europea. A súa misión consiste en promover as normas comúns de máis alto nivel en materia de control, inspección e seguimento no marco da política pesqueira común. A AECP opera ao máximo nivel de excelencia e transparencia, con miras a desenvolver a confianza e a cooperación necesarias entre todas as partes implicadas, garantindo así a efectividade e a eficiencia das súas operacións. 

Os gobernos da Unión Europea acordaron crear a Axencia no marco da reforma de 2002 como parte dos seus esforzos por implantar unha cultura de cumprimento no ámbito pesqueiro europeo. A función principal da Axencia é organizar a coordinación e a cooperación entre as actividades nacionais de control e inspección para que se aplique e respecte eficazmente a normativa da Política Pesqueira Común.

 O valor engadido das actividades da Axencia é a súa achega para que os profesionais do sector pesqueiro participen en condicións idénticas en toda Europa de forma que todos observen as obrigacións europeas e todos sexan tratados de forma xusta independentemente do lugar onde operen. 

A Axencia contribúe ademais a promover a pesca sustentable ao esixir o cumprimento das medidas de conservación e de xestión vixentes en beneficio das xeracións presentes e futuras. En cooperación coa Axencia Europea da Garda de Fronteiras e Costas e a Axencia Europea de Seguridade Marítima, cada unha dentro do seu mandato, presta apoio ás autoridades nacionais que desempeñan funcións de gardacostas.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante