Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/06/2018

Ábrese o prazo de presentación de candidaturas para a 3º Edición de “Erasmus for Officials”

4302F_1527854764_Erasmus.jpg

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018. A Comisión Europea organiza no marco do programa “Erasmus para a Administración Pública” períodos de prácticas de curta duración destinados a novos empregados públicos dos diferentes Estados Membros que traballen en asuntos relacionados coa UE. 

O programa está organizado pola Escola Europea de Administración (European  School  of  Administration) e conta co apoio da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Seguridade da Comisión Europea. O prazo para participar na súa terceira edición deste ano, que terá lugar entre o 16 e o 26 de outubro,  manterase aberto ata o 29 de xuño. 

O programa “Erasmus  for  Officials” consiste na visita a diversas Institucións, en acudir a unha serie de conferencias sobre as políticas e métodos de traballo na Unión Europea, e na participación en sesións de titoría, consistentes en acompañar durante dúas xornadas e media a un funcionario da Comisión Europea ou da Secretaría Xeral do Consello da Unión Europea (Job shadowing).

As solicitudes para participar enviaranse por correo electrónico á dirección tramitacionend.ue@maec.es e deberán achegar seguinte documentación:

-Carta de autorización asinada polo superior xerárquico competente do empregado público, especificando as datas concretas das prácticas.

-Curriculum Vitae en castelán e en inglés (modelo  Europass).



Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante