Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/05/2020

Fondo de Solidariedade da Unión Europea: A Comisión propón unha axuda de 279 millóns de euros para Portugal, España, Italia e Austria

4919F_1588602493_eu_solidarity.jpg
A Comisión Europea propón unha axuda financeira de 279 millóns de euros destinada a Portugal, España, Italia e Austria para prestar apoio á poboación de varias rexións deste catro países que se viron afectadas por catástrofes naturais en 2019. Este financiamento engádese aos 800 millóns de euros correspondentes a 2020 que están dispoñibles no marco do Fondo de Solidariedade da UE.

Brueselas, 4 de maio de 2020. A comisaria de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, declarou o seguinte: «Estamos a atravesar un período no que a solidariedade europea é máis importante que nunca. O Fondo de Solidariedade da UE é unha das súas expresións máis concretas. Aínda que estamos centrados en superar da forma máis segura posible a pandemia de coronavirus, seguimos mostrando a nosa solidariedade con quen se viron afectados por outros desastres, como as catástrofes naturais que ocorreron o ano pasado. O paquete de hoxe proporcionará ás rexións afectadas un financiamento moi necesario».

O paquete de axuda divídese da seguinte maneira:
  • 211,7 millóns de euros para Italia, que se viu afectada por fenómenos meteorolóxicos extremos de norte a sur a finais de outubro e en novembro de 2019, que causaron graves danos por inundacións e corrementos de terras e que culminaron na inundación de Venecia.
  • 56,7 millóns de euros para España, tras as inundacións nas rexións de Comunidade Valenciana, Murcia, Castela-A Mancha e Andalucía en setembro de 2019. España xa recibiu 5,6 millóns de euros como pago adiantado.
  • 8,2 millóns de euros para Portugal, tras os graves danos que provocou o furacán Lorenzo en infraestruturas públicas e privadas e na vida cotiá das persoas, as empresas e as institucións en outubro de 2019. Portugal xa recibiu 821 000 euros como pago adiantado.
  • 2,3 millóns de euros para Austria, tras os fenómenos meteorolóxicos extremos que se produciron en novembro de 2019, cando as zonas sudoccidentales de Austria sufriron graves inundacións, en particular en Carintia e Tirol do Leste.
Próximas etapas

É necesario que o Parlamento Europeo e o Consello aproben a proposta de conceder axuda a Portugal, España, Italia e Austria con cargo ao Fondo de Solidariedade da UE. Unha vez que se aprobou a proposta da Comisión, poderase desembolsar a axuda financeira.

Máis información

Sitio web sobre o Fondo de Solidariedade da UE

Lista de todas as intervencións do FSUE (até o final do ano 2019)

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante