Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/08/2018

Sesións de axuda para presentar candidaturas á terceira convocatoria de Interreg Sudoe!

Terceira convocatoria de Interreg Sudoe.jpg
Bruxelas, 7 de agosto de 2018. A terceira convocatoria de proxectos abrirase o próximo 3 de setembro do 2018 para tres prioridades temáticas: EIXO 2  - Competitividade das PEMES: Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste Europeo; EIXO 3 – Economía baixa en carbono: Contribuír a unha maior eficiencia das políticas en materia de eficacia enerxética e EIXO 4- Loita contra o cambio climático: Previr e xestionar os riscos de maneira máis eficaz.

Para axudar aos candidatos para preparar a súa candidatura, as Autoridades Nacionais e a Secretaría Conxunta organizarán outras dúas sesións de “60 minutos con  Sudoe”, un encontro  online dunha hora durante o cal os candidatos poderán facer todas as súas preguntas. O primeiro dos dous  webinarios previsto por cada idioma estará especialmente dedicado á presentación da proposta de proxecto en  eSudoe. O calendario fixado é o seguinte:
  • Mércoes 12 h00-13 h00 ( UTC+2): español
  • Mércores 15 h30-16 h30 ( UTC+2): portugués (é dicir 14 h30-15 h30 para Portugal)
  • Xoves 11 h00-12 h00 ( UTC+2): francés
As sesións realizásense as dúas primeiras semanas de setembro.

Se desexa expor as súas preguntas á Secretaría Conxunta, inscríbase nas seguintes ligazóns. A inscrición será válida para todas as sesións organizadas no mesmo idioma.

E para calquera outra  pegunta, non dubides en contactar coa Secretaría Conxunta!

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante