Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/02/2018

Participe ata o 8 de marzo nas consultas sobre o futuro orzamento comunitario

4211F_1519833338_Imagen1.jpg
  • O actual marco orzamentario abarca os anos 2014 a 2020
  • A Fundación Galicia Europa insta a defender a necesidade dunha política de cohesión para todas as rexións da UE
  • As consultas van dirixidas a particulares, administracións públicas, institucións académicas, sociedade civil e empresas. 
Bruxelas, 9 de febreiro de 2018. A Comisión Europea puxo en marcha unha ampla consulta pública sobre os fondos europeos para alimentar o debate actual sobre o orzamento comunitario a partir de 2020. Ata o 8 de marzo pódense responder as consultas referidas á área de infraestruturascohesiónmigracióncompetitividade  (I+D, pemes, mercado único), seguridade e mobilidade e valores (cultura, consumidores, educación, emprego).  

Estas consultan diríxense a todos os cidadáns e partes interesadas, incluídos os beneficiarios dos programas e fondos da UE, os entes nacionais, rexionais e locais, os organismos intergobernamentais e non gobernamentais, as institucións académicas, a sociedade civil e as empresas.

Segundo o programa de traballo da Comisión para 2018, ”unha Unión máis forte debe contar cos medios financeiros adecuados para manter a continuidade das súas políticas. A Unión cambiou radicalmente nos últimos anos, do mesmo xeito que os desafíos aos que se enfronta. A nosa Unión necesita un orzamento que nos axude a alcanzar os nosos obxectivos. O marco financeiro plurianual para despois de 2020 debe reflectir esa necesidade”. 

A favor dunha política de cohesión forte na UE
Como socios da Alianza da Cohesión (#CohesionAlliance), a Fundación Galicia Europa  insta a responder especialmente á consulta referida á área de cohesión para defender que, no orzamento da UE despois de 2020, a política de cohesión sexa máis forte, eficaz, visible e accesible para todas as rexións da Unión Europea.

Actualmente a política de cohesión, que representa un terzo do orzamento da UE, reduce as disparidades rexionais, crea postos de traballo, ofrece novas oportunidades de negocio e aborda os grandes problemas mundiais como o cambio climático e a migración. En Galicia investiu máis de 17.500 millóns de euros nos últimos 30 anos.

Pode contribuír a esta consulta pública cumprimentando o cuestionario en liña. 
Todo o que ten que facer é responder as sete preguntas obrigatorias e achegar a declaración da #CohesionAlliance que figura no punto 41.

O orzamento comunitario despois de 2020
O orzamento da UE ascende actualmente a menos de 1 euro por cidadán ao día.
Aínda que é un orzamento modesto, en torno ao 1 % da renda nacional bruta da UE ou o 2 % de todo o gasto público da UE, apoia os obxectivos comúns da UE, pondo a disposición dos cidadáns da UE bens públicos esenciais e resultados tanxibles.

Entre estes, están: investir no desenvolvemento de capacidades, innovación e infraestruturas; garantir a sustentabilidade da subministración de alimentos e do desenvolvemento das zonas rurais; promover proxectos conxuntos industriais e de investigación; financiar actividades comúns no ámbito da migración e a seguridade; e apoiar o desenvolvemento e a axuda humanitaria.

O marco financeiro plurianual actual -o orzamento da UE a longo prazo- abarca ata que termine 2020. En maio de 2018, a Comisión presentará propostas globais para despois de que termine o marco financeiro plurianual en 2020 e para a próxima xeración de programas financeiros que recibirán fondos. Estes programas ou fondos achegan apoio financeiro por centos de miles de beneficiarios, por exemplo, rexións, cidades, agricultores, ONG, empresas,estudantes, científicos e moitos outros.

As propostas da Comisión deseñaranse para permitir á UE achegar respostas tanxibles ás cuestións verdadeiramente importantes, nos ámbitos nos que pode ser máis eficaz que os Estados membros actuando pola súa conta. Isto require unha coidadosa avaliación tanto do que funcionou ben noutras ocasións como do que podería mellorarse no futuro.  Cales deben ser as prioridades para as futuras políticas e programas ou fondos? E como poden deseñarse para obter mellores resultados sobre o terreo?


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante