Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/10/2020

Os puntos clave do novo Pacto sobre Migración e Asilo

5123F_1601565881_website_migration_visual-lubica.png
Avógase polo establecemento dun sistema mellorado onde se manifeste o equilibrio entre responsabilidade e solidariedade entre os Estados membros. 
O novo pacto proposto baséase nunha dimensión exterior reforzada e un cambio de paradigma no relativo á cooperación con terceiros países, unha xestión sólida e xusta das fronteiras exteriores e un sistema de solidariedade permanente e eficaz.

Bruxelas, 01 de outubro de 2020. A Comisión Europea acaba de propoñer un novo Pacto sobre Migración e Asilo, mediante o que define o marco político para poñer en marcha un sistema de migración e asilo máis resiliente e eficiente. Para iso, propón que haxa unha maior confianza entre os Estados -favorecida a través de procedementos máis eficaces-, un espazo Schengen e fronteiras exteriores mellor xestionadas, e unha solidariedade efectiva, entre outros. 

O Pacto ofrece un enfoque global no que reúne as políticas nos ámbitos de migración, asilo, integración e xestión de fronteiras, recoñecendo que a eficacia depende dos avances en todos os sectores. Este enfoque europeo integral inclúe:

Unha dimensión exterior reforzada e un cambio de paradigma no relativo á cooperación con terceiros países. A resposta común pasa por establecer asociacións a medida e mutuamente beneficiosas cos países de orixe e tránsito. Estes acordos axudarán a abordar as causas da migración irregular, loitar contra o tráfico ilícito de migrantes, axudar aos refuxiados que residen en terceiros países e apoiar a migración legal. 
Un novo procedemento integrado das fronteiras exteriores da UE a través da integración de procesos que ata o de agora eran independentes. Proponse o establecemento dun control fronteirizo previo á entrada en territorio europeo, que cobriría a identificación e un control de saúde e seguridade. O control incluiría tamén a toma de pegadas dixitais e o rexistro na base de datos Eurodac de todas as persoas que cruzan as fronteiras exteriores da UE sen autorización. Isto pon en marcha un proceso de asilo e, no seu caso, un procedemento de retorno rápido. 
Un sistema no que “se reforce a preparación e a solidariedade sexa un elemento permanente”. Para lograr que os Estados sexan máis resilientes e poidan organizar unha resposta coordinada a unha crise, a Comisión propón unha mellora na anticipación e o seguimento das situacións de emerxencia. Para iso, os Estados terán flexibilidade á hora de reaccionar ante as mesmas, ademais de estar obrigados a actuar de forma responsable e solidaria entre si, garantindo que a Unión cumpra coas súas obrigacións humanitarias. Por outro lado, o mecanismo de solidariedade cubrirá diversas situacións, incluíndo o desembarco de persoas despois de operacións de procura e rescate, situacións de crise ou outras circunstancias específicas.

Ademais, o Pacto terá como obxectivo apoiar un sistema de retorno común da UE cando unha solicitude fose rexeitada no procedemento fronteirizo de asilo. Con isto elimínanse os riscos de movementos non autorizados e fortalécense as garantías necesarias para o reasentamiento. 

Próximos pasos: 
Agora, seguindo o procedemento lexislativo, corresponde ao Parlamento Europeo e ao Consello aprobar esta iniciativa. Dada a urxencia da situación en varios Estados membros, convidouse aos colexisladores a alcanzar un acordo sobre os distintos mecanismos e procedementos do Pacto antes de finais deste ano. 

O paquete proposto consta dunha comunicación onde se establece o marco político e tres novos regulamentos para a Xestión do Asilo e Migración (AMR nas súas siglas en inglés), o cribado de nacionais de terceiros países nas fronteiras exteriores e a creación dun instrumento de crise para dar resposta a situacións de emerxencia e forza maior. Tamén inclúe a modificación de dous regulamentos existentes (os relativos a Eurodac e aos procedementos de asilo) e dúas propostas de recomendacións aos Estados membros sobre a preparación previa e a xestión das crises migratorias e sobre as vías legais para a protección dos migrantes na UE (reasentamento, admisión humanitaria e outros).

A Comisión tamén prevé adoptar un novo Plan de acción global sobre integración e inclusión para 2021-2024, no que se proporcionará orientación estratéxica e establecerán accións concretas para fomentar a inclusión dos migrantes, aplicará a Asociación Europea para a Integración e estudará a posibilidade de ampliar a futura cooperación ao ámbito da migración laboral.

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante