Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/04/2019

Os líderes locais presentan no CdR unha iniciativa para a integración dos inmigrantes e debaten os dereitos e valores fundamentais da UE

O comisario grego Dimitris Avramopoulos durante a súa intervención no CdR.jpg
  • O 134º pleno do Comité Europeo das Rexións contou coa intervención do vicepresidente primeiro Frans  Timmermans, o presidente do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Koen Lenaerts e o comisario de Migración, Asuntos de Interior e Cidadanía, Dimitris Avramopoulos.
Bruxelas, 10 de abril de 2019. O comisario europeo Dimitris Avramopoulos, o vicepresidente primeiro Frans Timmermans e o presidente do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Koen Lenaerts, participaron estes días en dous interesantes debates no seo do último pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrado en Bruxelas. A integración dos inmigrantes e o respecto dos dereitos fundamentais e dos valores da Unión Europea en todos os Estados membros foron os eixos centrais de ambos debates na 134ª sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións, unha sesión precedida dunha cerimonia honorífica en memoria do ex membro da cámara asasinado en xaneiro, o político polaco Paweł  Adamowicz.

Inauguración de ´Cidades e rexións pola integración dos  migrantes´ 
O comisario grego Dimitris Avramopoulos, responsable das áreas de Migración, Asuntos de Interior e Cidadanía na Comisión Europea, foi o encargado de presentar oficialmente a nova iniciativa do Comité para afrontar o reto da migración en Europa: Cidades e rexións pola integración dos migrantes.

O certo é que o Comité Europeo das Rexións vén formulando desde 2015 toda unha serie de recomendacións no marco da Axenda Europea de Migración. O Comité desexa agora prestar máis atención a un aspecto particular da migración onde os entes locais e rexionais desempeñan un papel fundamental: a integración. No marco da presente iniciativa Cidades e rexións pola integración dos migrantes, habilítase unha plataforma para que as rexións, as cidades e as comunidades máis pequenas da Unión Europea compartan as súas experiencias e historias positivas; usando tamén para este fin o propio perfil en Twitter da cámara baixo o hashtag #Regions4Integration.

Na  inaguración do novo proxecto, o comisario Avramopoulos estivo asistido por  Valeria  Mancinelli, alcaldesa de Ancona e gañadora do Premio World Maior de 2018, e  Annika Tännström, presidenta da Asemblea Rexional de Götaland Occidental, en Suecia.

Debate sobre os dereitos fundamentais e valores da UE
O segundo debate contou coa intervención de Frans Timmermans, vicepresidente primeiro da Comisión Europea e de Koen Lenaerts, presidente do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, quen avaliaron as ameazas e interrogantes que se presentan actualmente sobre os dereitos fundamentais e os valores da Unión Europea. Ambos líderes puxeron en valor cuestións relacionadas cos dereitos fundamentais, as cales revisten especial importancia para os dirixentes locais e rexionais membros do CdR. 

A eles sumóuselles Michael O´ Flaherty, director da Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, e Domenica Ghidei Biidu, vicepresidenta da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia do Consello de Europa, a principal organización europea no ámbito dos dereitos humanos. 



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante