Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/06/2017

Os principais dirixentes da UE debaten sobre o futuro da migración en Europa

O presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, xunto con Juncker e Mogherini no inicio da Conferencia de Alto Nivel sobre Migración. © Unión Europea
  • O Parlamento Europeo acolleu un debate sobre xestión da migración antes do cumio do Consello Europeo, co obxectivo de lanzar unha plataforma para o diálogo regular entre todos os actores implicados
  • A xestión da migración e a garantía dunha contorna estable e próspera nas fronteiras da UE é de enorme interese para as institucións europeas
  • O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, subliñou que a solidariedade debe seguir sendo o principio de acción da política migratoria europea

Bruxelas, 26 de xuño de 2017. O Parlamento Europeo acolleu a semana pasada a Conferencia de Alto Nivel sobre Migración. A Eurocámara foi anfitrioa dun debate sobre xestión da migración antes do cumio do Consello Europeo, co obxectivo de lanzar unha plataforma para o diálogo regular entre todos os actores implicados.

A xestión da migración e a garantía dunha contorna estable e próspera nas fronteiras da UE é de enorme interese para as institucións europeas. Abordouse ademais a cuestión da responsabilidade compartida entre os Estados membros, garantindo unha contorna estable e segura tanto nas fronteiras exteriores como nas interiores, así como as causas profundas da migración mediante a cooperación con terceiros países.

A conferencia tivo lugar por iniciativa do presidente de Parlamento Europeo, Antonio Tajani, e atopouse co-organizada polas comisións parlamentarias pertinentes. Entre os orados incluíronse personalidades de máximo nivel como o propio Tajani, o Presidente da Comisión Europea Jean-Claude Juncker, a Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade Federica Mogherini, o Presidente do Comité Europeo das Rexións Markku Markkula, e os comisarios de Migración, Asuntos de Interior e Cidadanía, e da Unión de Seguridade, Dimitris Avramopoulos e Julian King, respectivamente.

 

Intervención do presidente da Comisión Europea

O presidente Juncker quixo dirixirse aos participantes da Conferencia de Alto Nivel sobre Migración no Parlamento Europeo. No seu discurso de apertura, o presidente lembrou: ”A nosa política migratoria está guiada por dous principios europeos fundamentais: a responsabilidade e a solidariedade, por iso deixei en claro durante a campaña electoral europea, xunto con outros, que non podemos abandonar un país se o benestar do seu pobo está en xogo”. Lembrando o papel da Unión Europea na protección das súas fronteiras exteriores, Juncker salientando que ”máis de 1.600 gardas fronteirizos europeos están a apoiar actualmente aos gardas nacionais”. O presidente da Comisión Europea reiterou tamén a importancia do principio de solidariedade: ”a solidariedade non é unha vía unidireccional, cada país debe asumir a súa xusta responsabilidade”, engadindo que ”se hai algúns que se negan, a Comisión debe tamén honrar as súas propias responsabilidades”. A Comisión e o Parlamento recibiron con beneplácito a cooperación recentemente establecida cos países de orixe e de tránsito, especialmente no marco da Asociación con África. En 2017 mobilizaranse 200 millóns de euros para actividades relacionadas coa migración en África do Norte: en Libia, pero tamén en Exipto e Tunisia.

Discurso de Juncker ante o Parlamento


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante