Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/02/2019

Convocatoria do Premio xornalístico Salvador de Madariaga

Convocatoria do Premio xornalístico Salvador de Madariaga.jpg
  • A Representación en España da Comisión Europea e a Asociación de Xornalistas Europeos, co apoio da oficina de información do Parlamento Europeo en España convocan a  XXV edición do Premio de Xornalismo Europeo  “Salvador de Madariaga”

Madrid, 19 de febreiro de 2019. As asociacións de xornalistas, os medios de información, as facultades e centros de xornalismo e os profesionais da área das humanidades poden presentar candidatos a cada unha das modalidades de prensa, radio e televisión desde hoxe mesmo e ata o 20 de marzo de 2019. As propostas razoadas – ver bases da convocatoria para coñecer a documentación que terán que achegar - deben enviarse por correo certificado ou entregarse en man no domicilio social da Representación da Comisión Europea en España, no Paseo da Castelá 46, 28046 Madrid.

PREMIO SALVADOR DE MADARIAGA

O obxectivo do Premio «Salvador de Madariaga» é recoñecer o labor dos xornalistas dos medios de comunicación españois que, nos 5 anos anteriores á data de publicación da presente convocatoria, contribuísen en prensa escrita, radio e televisión— a mellorar o coñecemento da integración europea e das políticas europeas.

XURADO DO PREMIO SALVADOR DE MADARIAGA

A Representación da Comisión Europea de acordo coa Asociación de Xornalistas Europeos, designará un Xurado integrado por personalidades relevantes dos ámbitos social e político e dos medios de comunicación.

Para máis información visite a web da Asociación de Xornalistas Europeos

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante