Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/12/2018

Segunda edición do concurso Sharing & Reuse 2019

Sharing and reuse 2019.jpg Ver máis...
  • A Comisión Europea convoca a segunda edición dos premios Sharing & Reuse orientados á reutilización de aplicacións e servizos
  • O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019
Bruxelas, 21 de decembro de 2018. Estiveches traballando na dixitalización dos servizos públicos con éxito? Se a resposta é afirmativa, a Comisión Europea convídao a participar na segunda edición do concurso dos Premios Sharing &  Reuse. O obxectivo do concurso é sensibilizar acerca dos beneficios de compartir e reutilizar solucións TIC no sector público.

Entregaranse premios de 15.000€ para os primeiros clasificados e de 10.000€ para os subcampións das catro seguintes categorías:
  • Sofware de código aberto máis innovador
  • Sofware de código aberto co maior impacto en cidadáns ou empresas
  • Servizos TIC compartidos máis innovadores (compartidos ou desenvoltos en común)
  • Servizos TIC compartidos (compartidos ou desenvoltos en común) co maior impacto en cidadáns ou empresas
Para participar no concurso, a proposta debe cumprir cos seguintes criterios:
  • Ser desenvolto por ou para unha administración pública dun Estado membro da UE, un país da  AELC ou un país candidato á UE (Albania, a antiga República Iugoslava de Macedonia, Montenegro, Serbia e Turquía).
  • Estar a ser reutilizado por polo menos unha administración pública.
  • Ser un software de código aberto ou un servizo TIC compartido.
  • A súa descrición debe estar publicada en  Joinup. 
  • A descrición debe estar dispoñible en inglés.
Os proxectos que recibiron un premio na anterior edición non poderán participar. Con todo, aqueles que recibiron un certificado de excelencia, pero non un premio en metálico, poden volver a presentarse.
 
Para enviar a solicitude deberase encher un formulario e contestar a unha serie de cuestións relativas á categoría pola que se concursa. Para obter máis información sobre o proceso de solicitude consulte esta guía

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de marzo de 2019.

As 16 solucións preseleccionadas serán convidadas á cerimonia dos premios  Share &  Reuse en xuño de 2019 en Romanía.

Estes premios están financiados polo programa “soluciones de interoperabilidade” para as administracións públicas, as empresas e cidadáns (ISA²) da Comisión Europea.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante