Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/12/2018

5 municipios de Galicia entre os beneficiarios da primeira convocatoria de Wifi4EU

Wifi4EU.jpg
  • Cerdido, Oleiros, Rianxo, Toén e Salceda de Caselas forman parte dos  primeiros 2.800 municipios que se beneficiarán  dun bono de 15.000 euros para establecer un punto de acceso  Wi-Fi en espazos públicos
  • Lanzaranse novas convocatorias aproximadamente cada seis meses, estando prevista a seguinte para principios de 2019
  • A primeira convocatoria contou con 21.627 municipios inscritos. Iso son un de cada cinco municipios de Europa!
Bruxelas, 17 de decembro de 2018.  Os primeiros 2.800 municipios que gañaron un cupón de Wifi4 EU xa foron anunciados. Dos 224 municipios españois beneficiarios desta primeira convocatoria, cinco son Galicia. Cerdido, Oleiros, Rianxo, Toén e Salceda de Caselas recibirán un bono de 15.000 euros para establecer un punto de acceso  Wi-Fi en espazos públicos. 

Os municipios, que esta vez non obtiveron un cupón, poden solicitalo de novo nas próximas convocatorias. Unha segunda convocatoria lanzarase a principios de 2019. Se o teu municipio non está entre os gañadores, pero queres ver se se inscribiu para próximas convocatorias, faga click aquí

A primeira convocatoria de propostas de Wifi4 EU realizouse do 7 ao 9 de novembro de 2018 e a ela presentaron solicitudes máis de 13.000 municipios de toda Europa. Tras unha avaliación das aplicacións, a Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA), a axencia executiva da Comisión a cargo da implementación de Wifi4EU, publicou a lista de municipios gañadores.

Esta convocatoria ten un orzamento de 42 millóns de euros, e 2.800 municipios recibirán cupóns de 15.000 euros para establecer un punto de acceso  Wi-Fi en espazos públicos. Os municipios gañadores agora están convidados a asinar no Portal Wifi4EU un acordo de subvención con  INEA.

Aínda que a adxudicación dos bonos se baseou no principio de ”primeiro en chegar, primeiro en servirse”, a todos os países participantes garantíuselles un mínimo de 15 cupóns (sempre que tivesen un número suficiente de solicitantes) e un máximo de 224 cupóns (correspondente ao 8% dos orzamento da convocatoria).

Requisitos Wifi4EU

A iniciativa Wifi4EU promove o libre acceso dos cidadáns á conectividade wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa.

A iniciativa Wifi4EU ofrece aos municipios a oportunidade de solicitar bonos por valor de 15.000 euros. Os bonos utilizaranse para instalar equipos de wifi nos espazos públicos do municipio que aínda non estean equipados cun punto de acceso wifi.

Para Wifi4 EU non vale calquera rede. A navegación  ten que ser de alta calidade: rápida, estable e segura. E os equipos, de última xeración.

Hai algúns requisitos dentro do programa Wifi4 EU. Por exemplo, os municipios que queiran a instalación nos principais centros de vida pública deben abonarse á oferta residencial con maior velocidade dispoñible na zona. É dicir, polo menos 30 Mbps de velocidade. Ademais, o municipio deberá garantir unha conexión gratuíta e de calidade durante os tres anos seguintes.

A rede Wifi4 EU será gratuíta para os usuarios, non poderá incluír ningún tipo de publicidade e terá  terminantemente prohibida a obtención de datos persoais. 

Outro requisito é que polo menos 50 usuarios poidan conectarse á vez sen diminuír o seu rendemento. Se se cumpren todos os criterios mencionados, vale para o municipio!


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante