Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/11/2018

Wifi4Europe: a partir do 7 de novembro os municipios da UE poderán solicitar puntos de acceso wifi gratuítos

WiFi4EU.png
  • O 7 de novembro de 2018 ás 13:00 horas a Comisión lanzará unha convocatoria de candidaturas para o programa Wifi4 EU
  • Ata 2020 destinaranse 120 millóns de euros para un máximo de 8.000 concellos da UE
Bruxelas, 6 de novembro de 2018. A convocatoria, á que poden presentarse os municipios ou grupos de municipios da UE, estará aberta ata as 17:00 horas do 9 de novembro de 2018.  O procedemento de solicitude é sinxelo e totalmente en liña, o que permitirá procesar un gran número de solicitudes de toda Europa.

Unha vez inscritos no portal de Wifi4EU, os municipios poderán, cun só  clic, solicitar o bono do plan Wifi4 EU por valor de 15.000 euros. Máis dun de cada cinco municipios de toda Europa xa están inscritos no devandito portal. Os municipios que aínda non o fixeran e desexen solicitar un bono, poderán inscribirse no portal ata o inicio da convocatoria o 7 de novembro.

Grazas a estes bonos, os municipios poderán instalar un punto de acceso wifi en espazos públicos, por exemplo nos propios concellos, bibliotecas públicas, museos, parques públicos ou prazas. A Comisión seleccionará as candidaturas por orde de chegada. Na próxima convocatoria, os primeiros 2.800 municipios recibirán un bono Wifi4EU, coa garantía de que cada Estado membro da UE recibirá polo menos 15 bonos.

Nos próximos dous anos haberá outras tres convocatorias máis de Wifi4EU, aproximadamente una cada 6 meses. As redes financiadas por Wifi4EU serán gratuítas, sen publicidade e sen recollida de datos persoais. Financiaranse aquelas redes que non dupliquen outras ofertas gratuítas, privadas ou públicas, de calidade similar.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante