Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/05/2018

Wifi4EU: ábrese o prazo para solicitar financiamento da UE para a creación de puntos de acceso inalámbrico a Internet en espazos públicos

Wifi4EU.jpg
  • A partir de mañá, os municipios poden comezar a solicitar financiamento á Unión Europea para o establecemento de puntos de acceso inalámbrico a Internet en espazos públicos.
  • Para poder solicitar os bonos é preciso estar rexistrado de maneira previa no portal Wifi4EU.
  • Trátase da primeira convocatoria dun total de cinco que se irán publicando ata o 2020. 
Bruxelas, 14 de maio de 2018. A primeira convocatoria para o establecemento de puntos de conexión wifi gratuítos financiados pola Unión Europea abrirase mañá, martes 15 de maio, ás 13:00 horas. A través desta convocatoria, uns 1.183 municipios recibirán un cupón de Wifi4EU  valorado en 15.000 euros co que poderán financiar equipos de  Wifi e a súa instalación en espazos públicos.

 Ao recibir esta axuda, os concellos deberán ofrecer servizos seguros de  Wifi, sen custo e sen publicidade, durante polo menos 3 anos. O financiamento só se proporcionará para redes que non dupliquen servizos  Wi- Fi gratuítos públicos ou privados xa existentes dunha calidade similar nos mesmos espazos públicos. 

Para poder presentar unha solicitude, os concellos deben estar rexistrados de maneira previa no portal web Wifi4 EU.eu. Este portal abriuse o 20 de marzo e máis de 17.000 municipios xa se rexistraron. 

A selección realizarasa en base á orde de solicitude. Para garantir unha distribución xeográfica equilibrada entre os Estados Membros, cada país obterá un mínimo de 15 e un máximo de 95 cupóns. Esta é a primeira dun total de cinco convocatorias que se publicarán ata o 2020. 

Máis información aquí

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante