Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/03/2018

A UE elimina as barreiras xeográficas aos contidos dixitais

Portabilidade no Mercado Único Dixital.jpg
Tras eliminar o pasado verán os custos de  itinerancia de datos, o próximo 1 de abril a Unión Europea dá un novo paso na súa axenda para derrubar as barreiras xeográficas dos contidos e avanzar na consolidación do Mercado Único Dixital. A partir do domingo, os cidadáns poderán usar nas súas viaxes polos Estados membros as súas subscricións a plataformas de series e películas, deportes, música, videoxogos e libros dixitais coma se estivesen no seu propio país. Desaparecen así as restricións, os cargos extra e os cambios na oferta dispoñible tanto  online como por descarga. 

Nun comunicado conxunto  Andrus  Ansip, vicepresidente da Comisión a cargo do Mercado Único Dixital; a comisaria de Economía Dixital e Sociedade,  Mariya Gabriel;  Ivaylo  Moskovski, ministro búlgaro de Tecnoloxías de Infórmación e Comunicacións; e os eurodeputados Pavel  Svoboda e Jean- Marie Cavada, aseguraron que “os cidadáns son o elemento central de todas as iniciativas dixitais”. “ A partir do 1 de abril, viaxen onde viaxen na UE, xa non se perderán as súas películas, series de televisión ou retransmisións deportivas favoritas, nin os xogos ou libros electrónicos aos que se subscribiron en casa.”, explican.

As novas regras, aptas para computadores,  tabletas e móbiles, aplicaranse aos servizos polos que se pagou; asegurando a  portabilidad transfronteiriza a todo aquel que se desprace dun punto a outro da UE por un período limitado de tempo, xa sexa por turismo, lecer, estudos ou negocios.

Os provedores de contidos gratuítos, como as televisións públicas, poderán adherirse a elas, sempre que cumpran os requisitos sobre a comprobación do Estado membro de residencia dos seus abonados, para evitar así o consumo en televisións doutro país de contidos polos que as operadoras audiovisuais do país de residencia pagaron dereitos.
Os provedores de contidos en liña tamén se verán beneficiados xa que non terán que adquirir licenzas específicas para outros territorios aos que viaxen os seus subscritores.

Auxe do consumo dixital de contidos
O gasto dos consumidores en servizos de abono a vídeos aumentou nun 113 % anual entre 2010 e 2014, e o número de usuarios aumentou nun 56 % entre 2014 e 2015. Considérase así mesmo que polo menos 29 millóns de persoas, é dicir, o 5,7 % dos consumidores da UE, poderían recorrer á  transportabilidade transfronteiriza, e poderían ser moitos máis no futuro: ata 72 millóns de aquí a 2020.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante