Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/03/2018

Wifi4EU, a iniciativa para dotar a cada municipio europeo de Wifi gratis

WiFiGratisEuropa.jpg
A Comisión Europea puxo en marcha o pasado día 20 de marzo o portal web da iniciativa Wifi4EU, a través do cal as entidades locais de toda Europa poderán acceder á primeira convocatoria, prevista para mediados de maio, e optar así ás axudas da Comisión Europea para crear puntos de acceso (Wifi) inalámbricos gratuítos a internet en espazos públicos. 

O programa Wifi4EU ofrece axudas en forma de bonos de 15.000 € para que as entidades locais instalen puntos de acceso Wifi en espazos públicos, tales como bibliotecas, museos, parques públicos e prazas. A axuda poderá utilizarse para a adquisición e instalación de equipos puntos de acceso inalámbricos, mentres que os custos de mantemento deberán correr a cargo dos municipios beneficiarios durante polo menos tres anos. 

Así, a iniciativa Wifi4EU mobilizará 120 millóns de euros con cargo ao orzamento comunitario ata 2020 e prevé alcanzar a un total de 8.000 municipios de toda Europa. Ademais, nos dous próximos anos, está previsto que se realicen catro convocatorias máis desta iniciativa. 

Como se pode solicitar un bono Wifi4 EU?
Fase de inscrición: a partir do 20 de marzo de 2018, os municipios pódense inscribir no portal  www.Wifi4 EU.eu.
Fase de solicitude: a primeira convocatoria poñerase en marcha a mediados de maio de 2018, e os municipios inscritos poderán presentar solicitudes para un primeiro lote de 1.000 bonos Wifi4EU (dun valor de 15 000  euros cada un). Os bonos adxudicaranse por orde de presentación das solicitudes.
Fase de adxudicación: respectando un equilibrio xeográfico, a Comisión anunciará os 1.000 municipios que recibirán financiamento na primeira convocatoria. Cada país participante recibirá polo menos quince bonos.
As redes financiadas a través da iniciativa Wifi4 EU serán gratuítas, non conterán publicidade e nelas non se recollerán datos persoais. O financiamento facilitarase soamente para redes que non dupliquen ofertas públicas ou privadas gratuítas de calidade similar existentes no mesmo espazo.

Para cada país, a Comisión Europea publicou unha lista de municipios que poden ser beneficiarios destas axudas (a correspondente a España pode atoparse aquí). As empresas instaladoras tamén están convidadas a rexistrarse no portal  www.Wifi4 EU.eu 

Fonte: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante